O Concello de Covelo ten previsto editar 2.000 calendarios de parede do vindeiro ano 2021 nos que se inclúan 12 fotografías de interese turístico, cultural e patrimonial das catorce parroquias que forman o Concello de Covelo. Os calendarios editaranse en decembro e repartirase na época de Nadal en tódolos domicilios do Concello de Covelo.

A selección das fotografías realizarase cun concurso denominado “Covelo desde a miña xanela”.

No certame fotográfico poderán participar todas as persoas interesadas e o prazo de inscrición pecharase o vindeiro luns 9 de novembro, ás 13.30 horas. As fotografías deberán presentarse na biblioteca municipal, en cor ou en branco e negro. Deben ser impresas en papel fotográfico de tamaño 21x30cm.

Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. O concurso celebrarase o sábado 14 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio municipal do Concello de Covelo, onde se exporán as fotografías presentadas.

En total repartiranse 3 premios; o primeiro será un cheque agasallo de 250 euros, o segundo será un cheque agasallo de 120 euros e o terceiro será un cheque agasallo de 50 euros.