Traballar as emocións, a empatía, a confianza e o respecto, ademais de fomentar o valor de participación colectiva para conseguir obxectivos sociais, é o que están a traballar estudantes de Primaria de Baiona.

A Concellería de Igualdade, a través do Centro Municipal de Información á Muller puxo en marcha o proxecto “Non Cales” nos centros educativos do municipio que ten como finalidade rachar o silencia contra a violencia de xénero.

A artífice da iniciativa é Irene Silva Xiráldez, pintora, gravadora e ilustradora, veciña de Belesar, que está a impartir unha serie de obradoiros a todo o alumnado que cursa sexto de Educación Primaria nos distintos colexios da localidade.

En total, son 96 estudantes do CEP Belesar, CPI Cova Terreña, CEIP Fontes Baíña e o CEP Sabarís os que participan neste proxecto enmarcado no IV Plan de igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Baiona.

“Non cales” intégrase no Programa de sensibilización en igualdade e prevención da violencia machista no Concello de Baiona ano 2020, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, en el marco de la convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos de menos de 20.0000 habitantes da provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero.