A vila de Baiona é un dos 100 destinos turísticos máis sostibles do mundo. Así o recoñeceu a organización internacional Green Destinations durante a celebración da sexta edición das xornadas mundiais de destinos verdes (Global Green Destination Days). Con este recoñecemento o comité internacional que elabora este listado distingue á vila mariñeira, única na comunidade de Galicia dentro desta clasificación, e valora os esforzos realizados en materias como a protección do medio natural, a transición enerxética e a xestión de residuos ou a implicación social para a sostibilidade, algo que Baiona comparte co resto de destinos.

Non é a primeira vez que a vila forma parte desta clasificación, pois xa forma parte dela dende 2016.