As previsións apuntaban a que podería ser unha vendima máis abundante a deste ano pero finalmente os acios non pesaron todo como se agardaba.

As 159 adegas pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas recolleron 34 millóns de quilos de uva nesta campaña 2020, un 6,4% máis que na anterior. Sendo os rendementos medios de 8.420 quilos de uva por hectárea.

O director técnico do Consello Regulador, Agustín Lago, valora que á entrada da uva nas adegas, “o seu estado era óptimo”, tendo en conta que a meteoroloxía acompañou “para que se puidese recoller no momento idóneo de maduración, así como de forma ordenada e con tranquilidade”.

A vendima no D.O. Rías Baixas comezou o pasado 27 de agosto e finalizou o 2 de outubro: “os traballos de recollida iniciáronse un pouco antes do habitual na nosa denominación e desenvolvéronse practicamente durante o mes de setembro· explica Agustín Lago.