Arbo vai mellorar unha das súas áreas recreativas. O Concello acaba de licitar unha segunda actuación no Parque Forestal Bouza de Miguel.

Un investimento de máis de 31.000 euros, aportados pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo, para dotalo dun punto de recollida de residuos sólidos, un asadeiro, unha fonte, un área de aparcadoiro, e un circuíto de elementos biosaudables.

Na primeira fase executada, ademais de árbores autóctonas, dotárase este área de tirolina, tobogán, randeeira adaptada e paneis informativos, entre outras melloras.