Cada vez máis, insísteselles aos pais sobre a importancia das revisións dentais periódicas dos seus fillos. "Debemos acudir xa dende que aparecen os primeiros dentes, onde lles damos pautas sobre hixiene e alimentación, o uso correcto do chupete, tempo de biberón, etc", explica a odontopediatra Viviana del Rosario, da clínica dental Romeo.

"A súa vez, estas visitas ao odontopediatra son moi importantes para observar o crecemento e desenvolvemento dos maxilares, a formación dunha mordida correcta e detectar anomalías que poden chegar a ser corrixidas con pequenas intervencións do odontopediatra, e encauzar o crecemento logrando unha mordida correcta evitando o uso de futuros tratamentos de ortopedia. Estas correccións, realízanse en canto se detectan, xeralmente a partir dos 3 anos e para tranquilidade dos pais son totalmente indoloras. Estes tratamentos forman parte da ortodoncia interceptiva, que é a intervención que evitará a instalación dun futuro problema, en xeral relacionado á oclusión ou mordida"