O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de activar o proxecto para a construción dunha senda peonil en Tenorio que redobrará a seguridade viaria na contorna da zona escolar e deportiva, beneficiando deste xeito aos usuarios do instituto, o colexio público, a escola infantil, o pavillón municipal e outros equipamentos públicos.

Procederase á creación da senda nun dos laterais da vía que actualmente se atopa en terra coa pavimentación en cor este espazo ata dotalo de 1,90 metros de anchura.