O Concello de Soutomaior únese ao plan de inserción laboral para vítimas de violencia machista incorporando ao cadro de persoal municipal a dúas mulleres mediante un contrato dun ano, a xornada completa.

Trátase dun programa pioneiro que se puxo en marcha o pasado ano por primeira vez en Galicia grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A súa finalidade principal é apoiar ás mulleres vítimas da violencia de xénero na súa integración laboral que lles permita unha independencia económica co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.