Lorenzo Delso acadou os 101 anos na residencia Serge Bellavista de Nigrán e celebrouno cunha videochamada aos seus fillos e netos. Nado en Soria xubilouse en Lugo como xefe do parque móbil ministerial, tras o cal se mudou á cidade da Coruña, onde viviu ata que faleceu a súa dona, no verán de 2018; entón el mesmo decidiu ingresar nunha residencia decidíndose por esta nigranesa porque a súa filla reside en Baiona. O persoal cantoulle ao residente máis lonxevo do centro o "cumpreanos feliz" e levoulle unha candea sobre un biscoito para soprar.