Sabemos o que en realidade comemos? Gran parte da sociedade non é consciente das grandes cantidades de azucre que se inxiren a diario. Son moito os produtos de fabricación industrial que o conteñen e en una proporción moi alta respecto doutros ingredientes. Por iso, no colexio Lar, seguindo a súa filosofía de prácticas de vida saudable, quixeron dar visibilidade a este consumo, muchas veces abusivo, para que a través de un impacto visual os estudantes, e toda la comunidade educativa en xeral, reparen nos seus hábitos alimenticios e saiban que produtos son máis o menos axeitados en canto á cantidade de azucre se refire.

O alumnado de Educación Secundaria, durante as clases de Educación Física, confeccionou un mural que recolle a análise de diferentes produtos procesados que consumimos a diario. Doces e salgados, desde galletas, chocolate en tableta, aperitivos, pastelería e caramelos a bebidas isotónicas, refrescos y zumes, todo elo de marcas coñecidas e presentes nos nosos fogares. Así, cada estudante calculou a fracción de azucre total que conteñen aqueles produtos que toma máis habitualmente e colocouno xunto coa etiqueta identificativa para facer moi visible e evidente a cantidade desta sustancia cristalina que consumimos sen decatarnos. "Mediante un impacto visual buscamos cambiar certos hábitos alimenticios, sobre todo no referente a alimentos procesados, xa que moitas persoas lles gusta coidar a súa alimentación pero o fai cun criterio confundido polo márketing da industria alimentaria", explica o profesor Ricardo Oliveros incidindo en que "non pretendemos que se faga un cambio radical na alimentación, senón que nos alimentemos un pouco mellor, leamos as etiquetas, evitemos alimentos altamente procesados e deixemos estes produtos para ocasións puntuais".

A idea do proxecto é pois concienciar sobre o azucre que se esconde nos alimentos que consumimos de maneira habitual. Polo que, calquera que transite polos corredores do colexio Lar e se pare diante do mural pode comprobar, por exemplo, que galletas teñen máis azucre e cales menos, que refrescos aportan máis ou menos azucre ou que o chocolate canto máis puro menos azucre contén.

Aditivo e prexudicial para a saúde son dúas das consecuencias negativas que causa o consumo excesivo de azucre, cuestión fácil de superar se temos en conta que as recomendacións de inxestión máxima diaria de azucre libre son moi estritas. A Organización Mundial da Saúde (OMS) aconsella que non supere o 1o% das calorías totais diarias, pero o obxectivo desexable é que estea por debaixo do 5%, o que equivale a uns 25 gramos de azucre libre ao día. Por tanto, non é difícil superar esta inxestión diaria, pois cunha soa lata de refresco xa estamos introducindo no noso corpo entre 35 e 45 gramos de azucre.