Aquilino Pazos acaba de alcanzar fai unhas semanas o século de vida e súmase así á vintena de habitantes de 100 ou más anos empadroados en Cerdedo-Cotobade. No caso de Mos é Anunciación Pampillón a cuarta persoa, veciña do municipio, que logra chegar á barreira dos cen. En ambos casos recibiron a visita do alcalde e alcaldesa, Jorge Cubela e Nidia Arévalo respectivamente, que os felicitaron por esta importante efeméride.

Anuncia naceu no Porriño e só tivo un irmán que faleceu con 7 anos. Practicamente criouse soa coa súa nai porque o seu pai faleceu moi novo, polo que tivo que traballar moito e moi duro dende pequena. Con 14 anos casou cun mozo mosense da parroquia de Cela, Evaristo Carrera González (xa falecido) co que tivo dous fillos, Marcial (tamén falecido) e María Esther, cos que todos os domingos ían en familia ao cine infantil do Porriño. María Esther casou con 20 anos cun mozo de Sanguiñeda e trasladouse, xunto coa súa nai, a vivir á parroquia mosense. Anuncia ten agora catro netos e sete bisnetos e toda a súa familia coincide en definila como "unha muller moi traballadora, moi aberta de mente e avanzada ao seu tempo, que leía moito e escribía€ unha muller de bandeira.

Pola súa parte, Auquilino Pazos vive nunha residencia da terceira idade de Poio onde recibiu a visita do alcalde de Cerdedo-Cotobade, quen fixo un pequeno oco na súa recente baixa por paternidade para achegarse e departir un anaco co seu paisano. O concello é o segundo con máis veciños centenarios da bisbarra das Terras de Pontevedra, só por detrás da capital que rexistra 35.