O concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, asegura que a falta de civismo dalgunhas personas quedou demostrada incluso no tratamento dado a esta exposición. "Da propia exposición da contaminación recuperada do mar, tivemos que limpar o lixo que unha minoría dos visitantes depositou nela; supoño que é a maneira máis directa de demostrarnos o necesarias que son campañas como esta, de concienciación sobre o problema que temos co excesivo e mal xestionado lixo na nosa vila; actuacións como a destas persoas incívicas dannos a razón en continuar".