As nenas e nenos que asisten ao comedor do colexio Fermín Bouza Brey, xestionado pola Concellería de Ensino de Ponteareas, aprenden e practican lingua de signos grazas a unha iniciativa do Concello ponteareán que se iniciou o pasado curso nalgunhas aulas do colexio.

O proxecto denomínase "En Voz Baixa" e aplícase no comedor escolar para que o alumnado desfrute do tempo de xantar á vez que aprende a comunicarse en lingua de signos, promovendo a igualdade e aprendendo dun xeito divertido e inclusivo. No curso pasado o alumnado aprendera as nocións básicas e este ano o persoal do comedor formouse para sauda, presentar o menú e comunicarse nesta lingua.