Peregrinaxe e romaría no Santuario da Franqueira
Ao longo do ano A Cañiza acolle numerosas celebracións. Xunto coa do Xamón a máis relevante é a romaría da Franqueira, declarada tamén de interese turístico de Galicia e unha das máis lonxevas da Comunidade.
Son dúas as citas anuais neste santuario que congrega a milleiros de devotos e peregrinos: As Pascuillas, que se celebra o luns de Pentecostés, cando máis de 70 tallas procedentes de diferentes parroquias, de concellos de toda a provincia, peregrinan á Franqueira; e a romaría de setembro ou Natividade da Virxe, todos os 8 de setembro, que é cando teñen lugar a procesión coa virxe transportada nun carro tirado por bois ou vacas, as danzas e o drama da loita do moro e o cristián.
Na Cañiza tamén se celebra a festividade do Santo Cristo da Agonía, o segundo domingo do mes de xullo; a festa de Santa Teresa de Xesús, patroa da vila, e a romaría da Peña de Francia.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Entrega del bote de 'Pasapalabra': Antena 3 modifica así el horario del esperado momento
- Extinguido el impresionante incendio en una nave de gestión de residuos en Porriño
- Melody, a lo bonzo: Austria gana Eurovisión frente a una España que se autoinmola por enésima vez
- Desaparece en el Atlántico un piloto de Redondela afincado en Vilagarcía
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase