A Festa da Arribada converte a Baiona nun gran parque temático que fai as delicias de adultos e cativos. Estes últimos dispoñes dunha amplía aposta de lecer no Parque da Palma, convertido durante tres días nun Parque de Aventuras Medieval onde o descenso en tirolesa acapara gran parte da atención. Outros xogos ecolóxicos tamén son xa un clásico desta festa, con múltiple oferta: ponte mono, rappel, paso do oso e rampla tubing. Tamén no Parque da Palma están instaladas outras atraccións medievais coma a noria, a barca pirata, a baqueta, o troncomóbil, o carrusel e as cadeiras voadoras.

Parque da Palma

Outras actividades que haberá instaladas no Parque da Palma son: unha mostra de aves cetreiras; unha contenda de esgrima histórica e mostra de armas e armaduras durante todo o día a cargo da Sala Viguesa de Esgrima Antiga; demostracións de puntería con tiro con arco con Club Meigarco; unha mostra etnográfica sobre a vida do boi en Galicia e un cortello medieval con cabalos salvaxes pura raza galega.

Alameda Carabela Pinta

Outra zona con una grande actividade de lecer será a Alameda Carabela Pinta, onde estarán instalados canteiros e ferreiros facendo demostracións dos seus oficios. Os gremios serán tamén protagonistas entre os máis cativos coa "Alameda dos aprendices", obradoiros infantís nos que nenos e nenas aprenderán acuñación de moedas, olería, tapices de época, escritura gótica, coiro, lacrado, bordados, gravados en madeira e ourivaría.

A "Zona playmobil medieval" e outra das propostas que se atopan na Alameda Carabela Pinta. Haberá castelos, piratas, bucaneiros, príncipes e princesas, damas e cabaleiros e multitude de personaxes playmobil cos que xogar e solar. Tampouco faltarán os quebracabezas de madeira no espazo adicado ós "Ludopuzzles", con máis de trinta xogos para traballar o enxeño. E, para adestrar a motricidade, unha zona con obradoiros de bólas malabares, prato chinés, diábolos, cariocas, zancos de man e pé, hula hopps, monociclos, pedais e rulos de equilibrio.

Xardíns da Biblioteca

Nos Xardíns da Biblioteca destacan dúas propostas: o "Campamento de adestramento de cabaleiros", con carrusel medieval, carabela balancín e xogos populares; e o "Photocall medieval", un recuncho onde retratarse cos personaxes de hai medio século, como os Reis Católicos, indíxenas, monxes e bruxas.

Praza do Rexemento

Por último, dous emprazamentos máis nos que atopar algo que facer. A Praza do Rexemento, con obradoiros artesáns de elaboración de instrumentos musicais, tellas e zocos, carpinteiros, fiandeiras, ferreiros, cesteiros e oleiros; e a Praia Concheira, onde teñen lugar os bautismos hípicos dos que xa falamos na páxina anterior.

Todas estas propostas de animación, a excepción de algunhas actividades concretas, estarán en funcionamento de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.