O Real Mercado Medieval é un dos sinais de identidade da Festa da Arribada, que nesta vixésimo quinta edición sumará máis de douscentos postos de venta directa de artesanía e gastronomía nas diferentes prazas e rúas da vila. Choripáns, filloas, churrasco, colares ou ogos tradicionais son algúns dos produtos que poden mercarse nas rúas da vila durante os tres días da festa.

En total, haberá sesenta e nove postos de artesanía no casco antigo; outros sesenta e oito de comida e artesanía na rúa Marqués de Quintanar e Santa Liberata; vinte nove postos de establecementos da vila que ocuparán a fachada do seu propio negocio; catorce asociacións gremiais en Santa Liberata e outros vinte cinco postos de artesanía e oficios tradicionais. Ademais, os pobos de Palos de la Frontera, Santa Fe de la Vega de Granada, Pornic, Vila do Bispo e Baiona tamén se suman ó Real Mercado Medieval con seis "Paradas dos Pobos Irmáns" nos que que mostrarán os produtos típicos das súas zonas.