Saltar al contenido principalSaltar al pie de página
Oriana Méndez

Oriana Méndez

Profesora, escritora y traductora literaria

Oriana Méndez (Vigo, 1984) é profesora de Instituto, escritora e tradutora literaria da lingua francesa. Colabora no Faro de Vigo dende 2022, especialmente no suplemento O Faro da Cultura, onde reseña as novidades de poesía. É autora de varios libros de poesía polos que recibiu distintos recoñecementos, coma o Premio de Poesía Afundación, en 2020. Os seus poemas foron traducidos ao inglés, castelán e francés, entre outras linguas. Así tamén, a tradución de ‘As iluminacións’, de Arthur Rimbaud, que asina xunto á tamén poeta Tamara Andrés, valeulles ás dúas o Premio Plácido Castro de Tradución en 2024. Colabora en medios e revistas culturais.