Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ángel Utrera Baza

Fotografo e animador cultural

Ángel Luis Utrera Baza (Puerto de Santa María-Cádiz, 1956) é autor dos blogs Ao pé do Farelo e A torre dos soños esmeralda, onde da a coñecer a historia, patrimonio, cultura e fotografías da terra e as xentes. Afincado en Agolada desde hai anos, realizou exposicións de fotografía en Lalín, Silleda, Ourense, Ribeira Sacra, Melide, A Estrada, A Coruña e Santiago de Compostela. O seu último traballo, o fotolibro Oficio de Labregos recolle arredor de cen instantáneas tomadas nos últimos dez anos por todo o país.

Foi coordinador en proxectos literarios de homenaxe a Xosé Vázquez Pintor, como 75 apertas de buxo ou Andares, e editor do poemario E de súpeto o inverno, no que colaboraran 21 autores, escritores, fotógrafos e pintores galegos. Como escritor participou en libros de relato breve e poesía. Ten publicados diversos traballos de divulgación sobre patrimonio e etnografía nas revistas e anuarios Descubrindo, do Seminario de Estudos de Deza; Lucensia, da Diócese de Lugo, ou no anuario do Museo Terra de Melide.

Colaborador de FARO DE VIGO edición Deza nos últimos doce anos, con publicación de artigos sobre temas relacionados coa cultura e patrimonio da comarca e a columna Ao pé do Farelo.

ao pé do farelo

Os de Bilbao

ángel utrera