Literatura
Patasdepeixe lanza en galego «A avoa da Grúfala» o mesmo día da súa publicación mundial
A editorial grovense consigue o fito de sacar un éxito internacional ao mesmo tempo que os mercados literarios hexemónicos

Daniela Álvarez e Laura Sáez, da editorial Patasdepeixe. / FdV
A editorial grovense Patasdepeixe lanzará o vindeiro 10 de setembro un novo libro, «A avoa da Grúfala». Pero nesta ocasión, non é unha mera referencia máis no catálogo do selo, senon que este lanzamento suporá un auténtico fito histórico para as letras galegas.
«A avoa da Grúfala» é o terceiro título dunha serie creada en 1999 pola escritora británica Julia Donaldson e o ilustrador Axel Scheffler coa publicación de «O Grúfalo», e que tivo a súa continuación en 2004 co lanzamento de «A filla do Grúfalo».
Co tempo, os dous libros anteriores convertéronse en clásicos da literatura infantil mundial, «long-sellers» que non só resisten o paso do tempo, senón que seguen a ser demandados e lidos por novas xeracións de lectores.
Agora vai saír a terceira entrega, «A avoa da Grúfala», e hai millóns de lectores agardando polo libro. A publicación en inglés e nos principais mercados será o 10 de setembro, e ese mesmo día sairá tamén á venta en galego grazas ao esforzo de Patasdepeixe.
«Para un sistema literario de lingua minorizada como o galego, a publicación de grandes títulos internacionais adoita ser un camino de atrasos. Con frecuencia, os lectores galegos teñen que agardar meses, cando non anos, para ver traducidos os grandes éxitos mundiais, véndose empuxados a consumilos en linguas hexemónicas», sinalan na editora grovense.
Pero nesta ocasión non será así. «Rompendo con esta inercia, Patasdepeixe Editora protagoniza un fito sen precedentes na edición galega: ‘A avoa da Grúfala’ sairá á venda o 10 de setembro, coincidindo de xeito estrito e exacto co lanzamento do libro orixinal no mercado británico e no resto do mundo».
Para o selo arousano, «este lanzamento simultáneo internacional coloca á nosa lingua en pé de igualdade coas grandes potencias editoriais, garantindo que os nenos galegos teñan acceso directo a esta obra mestra dende o primeiro día, sen ningún tipo de discriminación ou atraso. É un xesto de orgullo lingüístico, un esforzo loxístico extraordinario por parte da editorial e unha aposta firme por dotar á lingua galega de títulos de máximo nivel».
A edición de Patasdepeixe de «A avoa da Grúfala» preséntase con tapa dura e formato de luxo. A tradución é obra de Laura Sáez e Celia Recarey. O seu foi un traballo moi complexo, porque parte da maxia do texto orixinal reside na súa estructura poética, baseada en rimas asonantes e consonantes, cun ritmo e unha musicalidade calculados para que cada sílaba cumpla unha función. n
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un septuagenario mientras se bañaba en una playa de O Grove
- Un helicóptero aterriza en el paseo marítimo de Vilagarcía para atender un infarto
- Alertan de la presencia de ratas en el centro de Vilagarcía de Arousa
- Vilagarcía habilita un nuevo aparcamiento público gratuito con 90 plazas en A Escardia
- Basura de «merendolas» y hasta una impresora salen del parque de A Coca de Vilagarcía
- La vendimia alcanza su último fin de semana con 45 millones de kilos en bodega
- «O teu nome é bandeira», a lembranza que Silvio Rodríguez e Uxía adican a Begoña Caamaño desde A Illa
- Las quejas asedian la colonia felina del cementerio de Cambados