Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reivindicación do Día da Galiza Mártir

O BNG homenaxea a catro grovenses vítimas da represión tras o golpe do 36

A memoria de Ramón Arce, Pura Rodríguez, Francisco García e Xacobe Barral revivirá este martes cun acto na praza de Arriba

Fotografías dos catro grovenses que serán homenaxeados polo BNG.

Fotografías dos catro grovenses que serán homenaxeados polo BNG.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Grove

O BNG de O Grove realizará hoxe unha homenaxe a catro veciños que foron vítimas da represión franquista e tamén como un xeito de manter viva a súa reivindicación de declarar o 17 de agosto como Día da Galiza Mártir.

A cita será ás 19.30 horas na praza de Arriba e intervirán o voceiro local, Anselmo Noia, a deputada Olalla Rodil e o presidente da Fundación Alexandre Bóveda. Haberá unha ofrenda floral e unha actuación musical de Sabela Dacal e Rafa Otero.

O principal propósito é mantener viva a memoria dos grovenses que sufriron persecución e represión tras o golpe de 1936: Ramón Arce Millas, que foi fusilado;Pura Rodríguez Devesa, que conseguiu escapar e exiliouse a Arxentina; Francisco García Moldes, militante do Partido Galeguista e vinculado á actividade política e cultural e que foi perseguido, igual que Xacobe Barral Otero, o derradeiro alcalde da República.

Consideran que recordalos tamén «é defender os valores democráticos, o galeguismo e o dereito de Galicia ao seu propio futuro».

E que resulta «especialmente necesario» reivindicar a declaración do 17 de agosto «diante da negativa do PP» a oficializalo no Parlamento de Galicia. De feito, acusan ao partido que goberna na Xunta de «hipocrisía» pola súa participación logo en homenaxes a Bóveda «ou se gaban de ter traído o cadro de ‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao».

«Sorpresa»

Pola súa parte, o ex dirixente do PG e histórico militante Francisco López «Chesqui» amosou «sorpresa» por este «recoñecemento tardío (...) Xa era hora de que o Bloque comezase a recoñcer a tantos ilustres galeguistas que tiñan silenciados por ser militantes do PG», indicou, asegurando que os catro eran membros. De feito, espera que sexa un cambio de rumbo e se recoñeza «dunha vez por todas o modelo transversal» desta formación.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents