Opinión
Area da Secada: os feitos falan

Area da Secada: os feitos falan
Luis Arosa García
Quero compartir con quen le isto un cambio que, aínda sendo pequeno, di moito de como se poden mellorar os espazos públicos cando se fan as cousas con criterio.
Hai un tempo, a Area da Secada tiña un problema real: coches aparcados en ambos os marxes, practicamente uns enriba doutros en moitas ocasións, ocupando incluso os cortalumes que por seguridade deberían quedar sempre libres. Camiñar por alí con tranquilidade era case imposible.
E non falamos só dunha molestia: durante os incendios de 2023 e 2024, por exemplo, os coches ocupaban os cortalumes e o marxe esquerdo, os bombeiros non podían pasar, e o lume chegou a estar preto dos propios vehículos. Por iso se insiste en que os cortalumes e o marxe esquerdo deben quedar sempre libres: non é un capricho, é a diferenza entre que calquera servizo de emerxencia —bombeiros, ambulancia…— poida acceder sen atrancos ou non, e entre controlar un incendio ou outra emerxencia se descontrole por non poder acceder.
Hoxe a imaxe é outra. As prazas de aparcamento están pintadas e ben sinalizadas. No marxe esquerdo, sinxelamente, xa non aparca ningún vehículo: non fixo falta nin poñer multas, porque a xente respectou o espazo desde o principio. Os cortalumes están limpos e libres, tal como deben estar. E onde antes había unha fileira de coches, agora hai persoas camiñando con tranquilidade.
Este tipo de cambios non se ven todos os días, pero cando pasan merece a pena contalos: son a proba de que ordenar un espazo con criterio fai que gañemos todos, veciños e visitantes por igual, e que calquera vehículo de emerxencia teña sempre vía libre cando máis falta fai.
Suscríbete para seguir leyendo
- Rescatan a una mujer que quedó atrapada en un balcón cuando intentaba entrar a robar
- Investigan el destrozo de un cruceiro de Cambados: «Hay restos de pintura»
- La «Moreniña» de Asorey vuelve a mirar la ría de Arousa dos décadas después
- Casi 400 mariscadoras de Arousa se acogieron a la compensación excepcional por las riadas
- Circular dos personas o por la acera, las infracciones más comunes con patinete en Vilagarcía
- Un peatón herido tras ser atropellado por una moto en Vilagarcía
- Un nuevo incendio forestal vuelve a afectar a Rego de Alcalde
- La ampliación de la EDAR revisará el emisario marino roto estos días en Vilagarcía