Cultura
Lingua e feminismo , a proposta que lembra a Begoña Caamaño na Illa
Terá lugar o vindeiro sábado en Area da Secada da man da Asociación A Sega, que celebra a XIII ediciñón do Día das Galegas nas Letras

Roteiro sobre Begoña Caamaño celebrado na Illa o pasado mes de maio. / FDV
A Illa acollerá o vindeiro sábado o XIII Día das Galegas nas Letras, baixo o título «Begoña Caamaño, a Nosa Señora», adicada nestea edición á escritora e xornalista galega. O programa combina rutas, lectura, xantar colectivo, conversa, música e participación aberta.
A xornada comezará ás 12.00 cun roteiro imaxinario pola vida e a obra de Begoña Caamaño, guiado por Susana Aríns, con saída desde o Museo da Conserva. Ás 13.30 horas terá lugar a lectura do manifesto «Das que miran cara atrás para mirar cara adiante». Posteriormente, ás 14.00 horas, celebrarase un xantar comunitario na Area da Secada, para o que se convia ás persoas participantes a levar a súa propia comiuda para compartir.
Pola tarde, ás 16.00 horas, terá lugar «En conversa con Begoña Casamaño», unha mesa na que diferentes estudosas da súa obra afondarán na súa traxectoria literiara. Ás 17.30 horas, «O pracer das ondas» abrirá un espazo de micro aberto no que as persoas asistentes poderán compartir un texto propio ou o seu favorito da escritora. A xornada rematará ás 18.30 horas cun «Bingo Caamaño!», unha proposta lúdica na que a primeira persoa en completar o seru cartón levará unha camiseta de A Nosa Señora.
O Día das Galegas nas Letras é unha niniciativa impulsada por A Sega, plataforma galega de crítica literaria feminista fundada en 2013 para contribuír á visibilización das escritoras e da literatura escrita por mulleres en Galicia.
Suscríbete para seguir leyendo
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Raúl Pérez rescata de la ría de Arousa un albariño con más de 15 años de crianza bajo el mar
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- La aparición de anguila muerta en el puerto de Carril supuestamente tirada por los pescadores desata indignación
- Rescatan a una mujer que quedó atrapada en un balcón cuando intentaba entrar a robar
- Los pescadores de anguila completan una «excelente campaña» a pesar de una notable presencia de peste roja
- Sin seguro, ITV caducada y positivo indiciario en drogas tras el accidente en Cambados
- Detenida tras morder a tres personas en la terraza de un bar en Vilagarcía