Patrimonio marítimo
«Nécora» vence a regata onde é clave a habilidade para aparellar
O Bao volveu revivir a súa tradicional proba na que participaron cerca de trinta dornas, a maior parte, da propia Illa de Arousa

Un momento da emocionante saída vivida onte no Bao. / Noé Parga
Saber navegar é fundamental para gañar unha regata de dornas, pero a do Bao esixe ademais ser habilidoso á hora de aparellar a embarcación antes de comezar a travesía. Esa foi unha das claves da victoria da «Nécora», a dorna patroneada por Braulio García e Adelino Santamaría como tripulante. Os dous arousáns foron capaces de armar o velame e o timón nun tempo récord, para saír entre as primerias dornas da praia da Canteira e enfilar o triángulo no que se disputou a regata. Xunto a eles, tamén destacaron as outras dúas embarcacións que acabarían completando o podio, a «Pereka» e a «Jalerna», que non llo puxeron fácil á gañadora.
A proba reuníu a preto de trinta dornas, a maior parte da Illa de Arousa, onde se disputaba a única regata de navegación tradicional na que se parte desde terra e se ten que aparellar nun tempo récord a embarcación. Todas se viron beneficiadas polo vento, moi suave e que evitaba que, durante a actividade de aparellar, as dornas acabasen de volta varadas na praia. Despois facilitou a navegación durante prácticamente todo o percorrido.
A regata volveu a ser seguida por un considerable número de persoas desde terra, desfrutando coa navegación e coa loita por facerse coa victoria nunha regata que acadou onte o seu XXXVII edición.
A do Bao é a segunda regata en importancia de cantas se celebran na Illa de Arousa, despois da Volta á Arousa, clave na recuperación da navegación tradicional en Galicia. A actividade da navegación tradicional non remata con esta regata, se non que aínda terá continuidade nas vindeiras semanas. A primeira desas actividades terá lugar en Cambados coa celebración da III Festa Mariñeira o vindeiro fin de semana. Ao día seguinte será a I edición da Ruta da Motora entre Vilanova e A Illa e o día 22 resolverase a gran incógnita da Copa Mörling, coa disputa da quinta e definitiva proba en augas de Combarro na regata da Reiboa. Agosto despedirase coa VII Arribada á Barrosa no Grove o día 28.
Valvanera de Cambados. Revenidas de Vilaxoán ou a Festa do Marisco de O Grove serán outras oportunidades de volver a ver a toda a flota tradicional navegando pola ría de Arousa antes de que se retiren para pasar o inverno.
Suscríbete para seguir leyendo
- Interceptado de madrugada en O Grove un cargamento de almeja y berberecho de contrabando procedente de Portugal
- El centro comercial de Vilanova de Arousa despega 20 años después: un gran supermercado Eroski y 15 tiendas
- Medio centenar de orquestas lanzan un SOS: «La verbena gallega está en serio peligro»
- El pulpo, a 18 euros en las plazas de abastos, confirma su declive generalizado en las lonjas gallegas
- Atracan un banco a punta de pistola en Catoira y se llevan unos 20.000 euros
- Rescatan a un hombre tras caerse al mar en el puerto de Meloxo
- Educación cede al Concello de Vilagarcía parte del terreno del instituto Castro Alobre para ensanchar la acera
- O Grove incorpora a tres auxiliares de policía tras pagar 70.000 euros en indemnizaciones