Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Patrimonio marítimo

Volve a regata onde non abonda con saber navegar

Unhas trinta dornas participan na proba do Bao, onde é fundamental aparellar canto antes a embarcación

Varios tripulantes tratan de aparellar canto antes as dornas na regata do Bao.

Varios tripulantes tratan de aparellar canto antes as dornas na regata do Bao. / Iñaki Abella

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Illa

Despois da Volta a Arousa, a Regata do Bao é a proba con máis historia da navegación tradicional na ría de Arousa, unha proba que ten un compoñente que a fai totalmente diferente ao resto. Para vencer no Bao non só é necesario saber navegar e escoller os mellores ventos, se non que as tripulacións das dornas deben ser moi rápidos á hora de aparellar. Non en van, nesta proba todas tripulacións parten desde terra coas velas na man, polo que deben andar rápidos non só en chegar á dorna, se non en ser capaz de aparellala o ante sposible e colocar o timón antes de que o vento as poida arrastrar á praia.

Mañá, a partires das 16.30 horas, volverase a repetir esta tradición na praia da Canteira, onde van aparticipar trinta dornas da ría de Arousa co obxectivo de facerse co título da XXXVII edición. A esas diferencias co resto de probas que se disputan na ría de Arousa, súmase o feito de que a regata do Bao é moi visual desde terra xa que todo o percorrido pódese observar desde o punto de partida. Ademáis, este ano, ao coincidir en xornada coa procesión do Carme de Vilanova, acurtouse un tanto o percorrido para que a proba estea practicamente rematada por completo cando saia a procesión marítima do peirao dese municipio.

A regata do Bao terá lugar unha semana antes da I Regata Recinet Salnés - Ruta da Motora, unha iniciativa que vai unir a Vilanova e a A Illa o vindeiro día 15. A regata foi presentada esta mañá na Illa de Arousa despois de que xa se fixera a principios de semana en Vilanova. A regata está organizada pola Escola de Navegación Tradicional (ENT) e contará tamén cunha trintena de embarcacións participantes. A proba estará adicada á memoria de Manuel Viñas Señoráns pola súa calidade humana e ao seu exemplo de solidariedade, mantendo así vivo o recordo dunha persoa que deixou unha fonda pegada na súa comunidade,

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents