Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Maxia en Galicia | Mago Antón e Xulio Merino Magos galegos de dúas xeracións

«Galicia ten unha das comunidades máxicas máis importantes de España»

Antón López Rivas leva máis de 50 anos traballando como mago profesional

Xulio Merino é un xoven mago natural de Vigo que ven de obter o primeiro premio de micromaxia no Congreso Nacional de Magos

Os magos Antón (esquerda) e Xulio.

Os magos Antón (esquerda) e Xulio. / T. Hermida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Meaño

O Mago Antón, con máis de 50 anos sendo un referente en Galicia, visitaba Meañofai días co seu espectáculo «A volta a Galicia en 313 concellos». A bordo de seu «magomóbil», un tráiler acondicionado para albergar espectáculo de maxia de preto en pequeno formato -con capacidade para 70 personas-, ofreceu en Meaño cinco funcións -todas elas gratuítas gracias a Agadic e o Concello-, dúas de mañán para encher cos rapaces da ludoteca municipal, e tres de tarde, abertas ao público familiar. Para a ocasión estivo acompañado por Xulio Merino que, natural de Vigo e aos seus 36 anos, ven de conseguir o primeiro premio de micromaxia no 41 Congreso Nacional de Magos de España celebrado fai xusto un mes en Santander.

Os magos non se xubilan nunca?

Antón: Non, os magos non nos retiramos nunca. No meu caso levo máis de 50 anos facendo maxia en galego, e iso da lingua é algo que levo moi dentro. Non cambiaría esos 50 anos vividos no mundo da maxia por nada do mundo. E manteño esa ilusión de seguir adiante. Xulio: Antón é un referente para todos magos galegos, eu diría que é como o pai para moitos de nós, e el segue aí á fronte, coa ilusión intacta, sempre inventando para plasmar novas ideas e crear máis números.

Os artistas, en Meaño.

Os artistas, en Meaño. / T. Hermida

Cantos concellos leva xa visitando na súa «Volta a Galicia en 313 concellos»?

Antón: Moitos, a verdade é que non levo a conta. Non quixera dicir unha cifra moi alta que despois igual veñen os de Facenda a pedirme contas (risas).

Cando decide incorporar a un mago novo como Xulio Merino á súa «Volta a Galicia en 313 concellos»?

Antón: Coñecémos desde fai moitos anos, somos o que se di «compañeiros de viaxe», ademáis de amigos. E magos de nova xeración como el contribuen a que Galicia esté aí, en primeira liña da maxia, e levamos xa colaborando desde fai varios anos.

Case me pisa a seguinte pregunta: Cal é a saúde da maxia galega no panorama nacional?

Antón: Excelente. Fai uns meses celebrouse o Congreso Nacional de Magos en Santander, onde compartimos experiencias, amosamos o traballo e ata competimos. E Galicia regresou dese congreso con oito premios nacionais en distintas modalidades de maxia, o que supuxo case o traer para Galicia o 40 por cento dos premios que se outorgaban nese congreso, e esa é un lectura moi positiva. E un desos galardóns foi para Xulio Merino que foi galardoado co Primeiro Premio Nacional de Micromaxia. Iso de estar no primeiro nivel en España é algo moi importante que Galicia o saiba .

Que é a micromaxia?

Xulio: É facer números con obxectos minimalistas e cotiás: unhas cordas, un bol, esponxas, un vaso con auga, un coitelo de punta redonda… obxectos que todos temos pola casa.

Cantos magos se reuniron a fins de xuño no Congreso de Santander?

Antón: Éramos 45, deles 8 galegos, e os 8 viñeron cun dos tres primeiros premios. Son cifras extraordinarias. Xulio: En cartomaxia, Kiko Pastur e Óscar Fernández, foron segundo e terceiro; en maxia de salón, o coruñés Joshua Kenneth foi primeiro premio; en invención e perfeccionamento, gañou Marcos Valdemar, coruñés que ven revolucionando esta disciplina con centos de ideas marabillosas; en micromaxia, Víctor Noir e eu; en mentalismo, onde había un nivel altísimo, obtivo un terceiro premio Iago Saavedra; e unha mención especial que obtivo Nacho Samena.

A que se debe ese bo momento de maxia en Galicia?

Antón: En maxia tampouco as cousas non suceden porque sí. Isto é froito dun traballo de moitos anos. Concretamente, en 2006 unha chea de magos decidimos crear en Galicia unha Asociación de Magos Profesionais, con sede en Santiago, e desde aquela empezamos a poñer enriba a mesa un proxecto social e político, porque nós consideramos que a maxia é unha arte escénica, como o é o teatro, a danza, a música… En ningún lugar do mundo a maxia esta recoñecido como tal. Pero nós, en Galicia, desde aquela empezamos a traballar e conseguimos que a Xunta de Galicia nos recoñecera por primeira vez como a arte escénica que somos. Desde ese logro empezamos a entrar nas diferentes axudas que hai ás producción, traballando en pe de igualdade con outros, e desde 2021 estase apoiando a celebración de sete grandes festivais internacionais de maxia nas grandes cidades que enchen de público.

Xulio: Eu penso que se lograron importantes avances nas axudas, pero esos apoios aínda son dispares en comparación con outros, porque hai certo desdén coa maxia e co circo como arte escénica menor. Certo que na maxia estase a traballar moi ben en Galicia a prol desa igualdade, estamos no camiño, pero aínda falta moito por percorrer.

Cales son as vindeiras citas concertadas en que visitará a comarca de Arousa?

Antón: A mediados setembro estaremos en Vilagarcía e Sanxenxo cun espectáculo novo chamado «Caliostro». O vindeiro ano é o Xacobeo e con ese motivo concebimos un proxecto baseado no Camiño que presentamos á Xunta, que gustou e nos aprobaron para o vindeiros tres anos. É un espectáculo máxico-teatral, que parte dun cantar de cego, con protagonismo para o Camiño de Santiago e maxias tematizadas que resultan moi emotivas.

Que magos hai que seguir porque estar petando forte? Quizáis o mago Pop que está sendo un nome que soa moito agora entre o público…

Xulio: O mago Pop é un dos máis recoñecidos en España e seguimos con moito cariño a todo o que fai Antonio Díaz (mago Pop). Pero como ocorre con outras artes escénicas os que que máis se ven non sempre son os mellores, e hai moitos magos novos que veñen petando forte, que realizan cousas impresionantes e que están facendo medrar moito a maxia.

Antón, ten algún reto en mente como aquel mítico do fuxir do acuario cheo de auga no que se metía esposado?

Antón: O acuario acompañoume durante moitísimos anos a miña vida, e mesmo tiven algún accidente traballando con el, pero en todo caso o mago, na súa vida profesional, é como un corredor de fondo, e cando se sae da estrada ten que voltar a ela. Son etapas.

Xulio: Os magos somos moi imaxinativos, sempre estamos creando, ese o noso papel. E Antón é un dos máis creativos de mundo, el sempre está dándolle voltas a novas e fantásticas ideas, retos… É un aliciente traballar con el. Mesmo fai uns días visitábanos Elías De Sastre, un mago de Málaga que se atopa facendo turismo por estos lares e que ten interese por coñecernos, ao igual que fixo a semana pasada o valenciano Pedro Bryce, que ven de ser recoñecido como un dos mellores magos de España, e que está visitando a varios magos galegos, e ofreceu algunhas conferencias aquí, porque temos un dos mellores ambientes máxicos do mundo, e a nosa é unha comunidade máxica moi forte acolledora que todo mago de España quere coñecer.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents