LGTBIQ+
Tres días de festa reivindicativa de Orghullo Mar e Cons
Polari continúa moldeando un festival que naceu para afundir os prexuízos con música e cultura

A viaxe desde O Bao a O Portiño en tren turístico percorreu gran parte da Arousa. / Walter Leiva
A Illa viviu un fin de semana intenso de música, monicreques e transformismo da man do colectivo Polari, entidade que creou o festival Orghullo Mar e Cons, un eventoo que chegou á súa cuarta edición e que promete seguir tendo moitas edicións no futuro.
Pero máis alá da diversión, que a houbo, o que se buscaba coa posta en marcha deste festival era dar visibilidade á diversidade e, sobre todo, crear un espazo seguro para o colectivo LGTBIQ+ nun municipio como o da Illa. O Festival comezou o pasado xoves, nunha ubicación diferente á habitual. Este ano sustituise na primeira xornada O Portiño pola praia de Camaxe, cun concerto de dj’s no chiringo Xa Cho Dixen. A O Portiño non se chegou ata o venres, cos concertos dos locais Nox Lume, Rosario de la Aurora, Callejo e Lakenobaila, que deixaron un bo sabor de boca.
O sábado o festival non puido esquivar a treboada que descargou sobre a comarca do Salnés, unha incidencia que obrigou a comezar máis tarde do horario previsto, co espectáculo de monicreques de Lady Muffin e culminando a festa coa actuación de Averío Show, unha actuación que mistura música e baile e que acabou implicando a toda a xente que se atopaba no Portiño. Ata as luces que iluminan o nome da Arousa, habitualmente dunha soa cor, se iluminaron coas cores da bandeira do arco da vella durante toda a noite.

A festa comezou na praia de Camaxe o pasado xoves. | FDV
De todas formas, o Orghullo Mar e Cons non foi só música, se non que tamén está creando unha marca con merchandising propio. Este ano non faltaron as camisolas, as suadeiras e a tote bag que, nesta cuarta edición da festa, foron deseñadas coa colaboración de Ruth Vidal.
Aínda sen curar a resaca de tres intensos días, Polari xa comeza a argallar o que será o vindeiro festival e a reivindicación da diversidade.
Ágata Millán, integrante de Polari: «Os discursos de odio cuestionan dereitos que parecían consolidados»
Despois dunha intensa fin de semana na que o proxecto «Mar e Cons» amosou estar máis vivo que nunca, o colectivo Polari xa comeza a argallar o que será o vindeiro ano para encher o Portiño coas cores da diversidade. Ágata Millán é unha das integrantes deste colectivo que comezou a traballar hai xa tres anos e que xa está moi cerca de que o seu festival sexa unha visita obrigada cada verán.
Como e en que momento nace Polari?
Polari nace pouco antes do verán de 2023 ante a necesidade de crear espazos seguros, dar visibilidade a outras formas de vivir e de formar unha familia, e fomentar unha convivencia baseada no respecto. Nace,sobre todo, co fin de que todas as persoas podan sentirse libres e aceptadas nesta Illa.
Por que escolléstedes o nome de Polari?
O nome da asociación,Polari, fai referencia a unha lingua secreta utilizada antiguamente polas persoas do colectivo para poder comunicarse entre elas e non ser descubertas e perseguidas. Despois o Orghullo Mar e Cons nace dun xogo de palabras que representa tanto a Illa de Arousa como a parte do Colectivo
Unha vez creado Polari, como xurdiu o festival Mar e Cons?
O Orghullo Mar e Cons nace ao mesmo momento que o Colectivo Polari, e xurden as dúas ideas dunha reunion entre amigos que compartimos as mesmas inquietudes e que tiñamos moitas ganas de impulsar unha iniciativa que recoñecera e defendera os dereitos das persoas do colectivo LGTBIQ+ no noso pobo. Sabíamos de experinecias similares noutros puntos e cremos que na Illa tamén debería existir, e non dubidamos en dar o paso.
Levades catro anos de Festival, como pensades que está evolucionando e cal vai ser o seu futuro?
Cremos que cada vez temos máis tirón e estamos moi contentos coa acollida que ten tanto no pobo como pola xente que se achega desde outros lugares. Estamos evolucionando pasiño a pasiño, xa que sen perder o noso foco, darlle visibilidade a artistas da contorna e do colectivo creando un espazo onde toda persoa poda desfrutar libre de prexuizos. Este ano deseñamos un festival cargado de actividsades moi diferentes. Por exemplo, fixemos un bingo musical con premios proporcionados por negocios da Illa, tivo moi boa acollida. Tamén tivemos unha marcha pola diversidade subidos a un Chucu-tren, onde pincharon os DJs Naranja e Limón e recorremos as rúas da Illa para chegar todos xuntos ao Portiño e dar comezo aos concertos desa xornada. Particpou moita xente e foi unha das actividades máis comentadas.Por último, na noite do sábado puidemos traer o primeiro Show travesti na Illa de Arousa a cargo de Averío, que foi un auténtico espectáculo para todos os que se achegaron a O Portiño, qu xa nos pedían que volvesen para o ano que vén.
Polari na Illa, Gotas en Ribadumia, Desfoga en Cambados, … É difícil visibilizar o movemento LGTBIQ+ en municipios tan pequenos, onde se coñece todo o mundo?
En lugares pequenos pode resultar máis complicado, ainda así o apoio que recibimos da maioria do pobo danos forza pa seguir visibilizando a diversidade. Ainda queda camiño por recorrer pero, cada vez os veciños comprenden máis a necesidade de construir unha Illa na que todas as persoas po.dan sentirse respetadas, representadas e libres
Nesta sociedade que vive constantemente na hipérbole política, credes que se está involucionando tanto na percepción do colectivo como nos seus dereitos?
Si, actualmente o auxe da extrema dereita e os discursos de odio volven a cuestionar dereitos que parecian consolidados. Por este motivo é necesario seguir dando visibilidade a las personas LGTBIQA+ e crear espazos seguros. Non se pode permitir nin un paso atrás en todo o que se conseguiu en tantos anos de loita do colectivo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los conciertos estrella de las fiestas de San Roque de Vilagarcía cuestan 114.900 euros
- El sonido del Costa Feira dificulta el descanso nocturno a los vecinos
- A Illa pide responsabilidad tras la larga estela de basura que dejó el Carnavrán
- La Policía Local de Vilagarcía denuncia a ocho conductores por diferentes infracciones
- Cambados decreta luto oficial tras la muerte del exalcalde Santiago Tirado
- Muere el exalcalde de Cambados Santiago Tirado a los 86 años
- Estos son los mejores lugares de O Salnés y Ullán para contemplar el eclipse solar total
- Un incendio deja un intoxicado y una habitación destrozada en Vilanova