Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Navegación tradicional

«Pereka» gaña nunha volta á Arousa accidentada

A treboada golpeou á frota, afundindo algunhas embarcacións e obrigando a outras a retirarse

Dornas preparadas para a saída no peirao do Cantiño

Dornas preparadas para a saída no peirao do Cantiño / Iñaki Abella

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Illa

A «Pereka» sumou unha nova victoria na Volta á Arousa, un triunfo nunha proba que estivo marcada pola treboada que se desatou no mar cando a maior parte das embarcacións xa enfilaban a liña de meta no Cantiño. As fortes rachas de vento que se levantaron acabaron afundindo algunhas das participnates, rompendo paus e timóns a outras e obrigando a moitas a refuxiarse na zona de terra máis próxima abandonando a proba.

Tal foi a forza da treboada que tan só unha ducia de embarcacións remataron a volta ao perímetro da Illa, con «Pereka» cruzando primeria a liña de chegada despois de dúas horas en 23 minutos de navegación. «Nécora» chegaría seis minutos despois, xusto por diante de «Selosa».

Un momento da navegación despois da saída desde O Cantiño.

Un momento da navegación despois da saída desde O Cantiño. / Iñaki Abella

A chegada dos refachos foi cando estas embarcacións conseguían entrar na meta, collendo á maior parte das dornas navegando entre Carreirón e a punta do Campelo. Ata ese momento, case non tiveran vento, con algúns tramos de calma que dificultaban a navegación, pero a partires dese momento, navegar converteuse nun inferno.

Afortundamente, non houbo que lamentar danos persoais, e as embarcacións que foron a pique, foron recuperadas polos barcos auxiliares que acompañan a proba e trasladadas a terra, mentres que as que romperon paius e timóns terán que someterse a reparación nos vindeiros días, antes da celebración da regata do Bao.

Tracking Pixel Contents