Navegación tradicional
«Jalerna» gaña o Triángulo do Cantiño e apreta a Copa Mörling
«Pereka» mantén o liderato na xeral, pero esta aprétase cunha bonita loita entre as dornas da Arousa e de Cambados

Ricardo e Manuel Dios na «Jalerna» antes do inicio da proba. / Iñaki Abella
O Triángulo do Cantiño, a terceira das probas contempladas no calendario da Copa Mörling de navegación tradicional, serviu para pór toda a clasificación xeral patas arriba e, ainda que segue como primeira clasificada a «Pereka», de José Antonio Dorado e Alberto Vicente, a distancia comprimiuse e ábrense multitude de posibilidades para as dúas probas que restan.
Na de onte, a gran triunfadora foi «Jalerna», con Ricardo e Manuel Dios como tripulantes, que cruzou na primeira posición a liña de chegada despois de aproveitar o vento de entre oito e doce nudos procedente do suroeste. A dorna pertencente a Dorneiros Regatieros de Cambados protagonizou a empopada dunhas quince dornas na boia de sotavento, sendo a mellor na bolina desde ese punto ata a liña de chegada. A «Jalerna» completaría o percorrido en preto de dúas horas de navegación.
«Jalerna», xunto con «Nécora» de Braulio García e Adelino Santamaría, é unha das dornas que máis preto andivo nas catro edicións anteriores de sacarlle a coroa á «Pereka».

Saída do Triángulo do Cantiño no día de onte. | IÑAKI ABELLA
A segunda clasificada foi a dorna arousá «Xarandeira», tripulada por Santi Mougán e Ángel Iglesias, integrantes da Asociación Fasquía, mentres o podio se completaba coa dorna «Rosalía», tamén arousá, aínda que da Asociación Cultural Dorna e tripulada por Héctor Suárez e Salvador Rodríguez. As dúas dornas, grazas a esta boa clasificación, experimentan un importante avance na clasificación xeral e presentan a súa candidatura para destronar á «Pereka». Esta rematou o Triángulo do Cantiño na cuarta posición, mentres que na quinta praza cruzou a liña de chegada a dorna «Maristela».
A próxima cita desta competición será no Grove o vindeiro fin de semana, lugar no que se disputará a Regata dos Faros. Unha vez concluida a proba haberá un descanso de máis dun mes para afrontar a loita final, unha última proba que se vai disputar nas augas da ría de Pontevedra, a Regata da Reiboa que se organiza en Combarro. Todo apunta a que, ao igual que anos anteriores, a loita volverá a estar entre as dornas da Illa, encabezadas pola «Pereka» e as cambadesas dos Regateiros Dorneiros, que tratan de acabar co dominio da embarcación que tripulan Dorado e Vicente.
Durante ese descanso da Copa Mörling, a actividade da navegación tradicional non descansará, xa que está previsto que se celebren dúas das citas máis importantes: A Volta a Arousa, que alcanza a súa XLI edición e se disputará o día 11 de xullo e o Triángulo do Bao, que celebrará a súa XXXVII edición o 8 de agosto e que manterá a súa particularidade de que as tripulacións parten desde terra e teñen que aparellar as embarcacións o máis rápido posible.
Outros eventos, de tipo máis cultural, serán a XIV edición do «Que inchadiña branca vela», a homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro, no que se remontan o Ulla e o Sar para renderlle tributo no paseo do Espolón de Padrón (1 de agosto); e a Festa Mariñeira de Cambados (14 de agosto).
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere un hombre mientras se bañaba en una playa de A Illa
- La policía vincula el «clan de los Charlines» con el «clan de los Balcanes» tras detener a 18 personas e intervenir 103 kilos de coca
- Gardacostas aprieta a los furtivos, que tienen las rías gallegas completamente sembradas de aparejo
- Detenido tras atentar contra un policía nacional jubilado cuando paseaba por Vilagarcía
- Miles de personas honran a San Benito y San Cristóbal en Cambados, Meaño y Meis
- La Virgen del Carmen recorrerá la ría de Arousa en media docena de procesiones marítimas
- El viento que se anuncia para próximos días condiciona el tratamiento de los viñedos
- «La línea que seguimos es garantía para que vengan grandes bandas»