Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

Que gran sorte temos de vivir na Illa de Arousa

Que gran sorte temos de vivir na Illa de Arousa

Que gran sorte temos de vivir na Illa de Arousa

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Luis Arosa

A Illa

Fai un tempo estiven polos Picos de Europa. Un lugar de paisaxes impresionantes, pobos con encanto, xente marabillosa. Unha experiencia que recomendo a calquera.

Nun deses pobos polos que pasei, Portilla de la Reina, de apenas 55 habitantes, fun adarme conta de algo. Tiñan unha zona residencial. Unhas rúas reservadas para os seus veciños.

E pensei: claro. Porque a necesitan. Porque funciona. Porque é de sentido común.

Vin cos meus propios ollos como residentes e visitantes conviven perfectamente cando hai unha boa ordenación. Sen conflito. Sen problema.

E iso é exactamente o que fixemos na Illa de Arousa o ano pasado coa posta en marcha da zona residencial.

Catro rúas claramente marcadas e sinalizadas para os nosos veciños. Non pechamos o pobo a ninguén. Non limitamos o turismo. Non botamos a ninguén. Aínda que ás veces así se queira facer ver por parte de algúns.

A zona residencial da Illa de Arousa é unha ferramenta de convivencia. Non de exclusión. Non de restrición. Para que o visitante desfrute da Illa de Arousa e para que o veciño viva con tranquilidade no seu propio pobo. Todos gañamos, tanto os veicños como aqueles que nos visitan.

E cando todos gañamos, é cando un se sente orgulloso do seu pobo.

A Illa de Arousa é un pobo acolledor, aberto, que recibe a todo o mundo cos brazos abertos e co corazón por diante.

Temos a sorte de vivir rodeados de mar, de praias, da mellor xente do mundo. E temos a responsabilidade de coidalo.

Quererlle ao pobo significa coidalo. E eu, Luis Arosa, quérolle moitísimo.

Que gran sorte temos de vivir aquí.

Suscríbete para seguir leyendo

TEMAS

Tracking Pixel Contents