Lingua
O Salnés crea a súa mascota da lingua
Exposalnés acolleu a presentación dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega da comarca e de Salnesiña, a nova mascota creada para visibilizar a preocupación polo uso do galego entre a mocidade e impulsar accións compartidas desde os centros educativos do Salnés

Salnesiña onte con mestres a artista en Cambados. / Iñaki Abella
Exposalnés converteuse no punto de partida dunha iniciativa comarcal coa que os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés queren dar un novo impulso ao uso do galego entre as xeracións máis novas. A presentación serviu para visibilizar un traballo que naceu hai dous anos, antes incluso de que os datos oficiais alertasen do retroceso social da lingua.
Javier García García, coordinador de Normalización Lingüística no colexio de Meaño, explicou que a preocupación xa existía nas aulas. «O que faciamos non saía dos muros da escola», sinalou. A partir desa reflexión, varios centros comezaron a traballar conxuntamente para coñecer a realidade lingüística do alumnado e comprobaron unha tendencia compartida: moitos espazos escolares funcionaban xa como contornos castelanfalantes.
A primeira iniciativa común foi a chapa «Eu falo galego», na que participaron dez centros durante as Letras Galegas. Despois chegou a necesidade de crear un elemento vertebrador para toda a comarca. Así naceu Salnesiña, unha mascota deseñada pola artista Yoli Martínez Santiago, de Portonovo, con cabeza inspirada nunha pandeireta, corpo de mexillón, botas amarelas vencelladas á infancia, unha onda mariña e elementos que representan aos concellos do Salnés.
O nome foi elixido nun concurso no que participaron 22 centros escolares. A partir de agora, Salnesiña percorrerá colexios e institucións locais para promover accións compartidas a prol do galego. «Queremos fomentar un equilibrio real do bilingüismo», resumiu García.
A creadora da mascota reivindicou o valor emocional do proxecto. Madrileña afincada en Galicia desde hai 14 anos, Yoli Martínez recoñeceu que o traballo está feito «con moitísimo agarimo» e cunha «paixón por Galicia inmensa». «Agora compártoo convosco para que sexa moi voso», afirmou.
Suscríbete para seguir leyendo
- Fallece el reconocido bodeguero Jesús Seijas Gómez a los 79 años
- San Ramón: la romería campestre con multitud de devotos en A Illa
- Banderas de Galicia y mucho vino tinto: los quintos dan el pistoletazo de salida al Carmen de A Illa
- Autoservicios Familia abre un nuevo supermercado en San Lourenzo de Meis con una inversión de 1,35 millones
- La Vieira de Cambados llena A Calzada en su primer día
- El Atlantic Fest aúna música y turismo en Vilagarcía
- Adelanto de procesiones y pantallas gigantes para ver la final del Mundial en Arousa
- Guardapescas de Vilanova rescatan a dos turistas en kayak que quedaron a la deriva en la ría de Arousa