Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Orgullo LGTBIQ+

A Illa reivindica o cinema como espazo para celebrar a diversidade

Polari e Entrecortiñas alíanse para proxectar o domingo catro historias que exploran cuestións como identidade, pertenza e afectos

Unha das actividades organizadas por Polari o ano pasado.

Unha das actividades organizadas por Polari o ano pasado. / Noe Parga

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Illa

Dous colectivos da Illa, Polari e o Cineclube Entrecortiñas unen os seus camiños para crear un espazo no que celebrar a diversidade, cuestionar os límites e imaxinar novas formas de habitar o mundo. Con motivo do Día do Orgullo, o primeiro destes colectivos organizou unha proxección especial no Auditorio municipal o vindeiro domingo, a partires das 20.30 horas, que conta coa colaboración do cineclube e do FIC Bueu. Esta alianza entre colectivos nace «coa vontade compartida de promover a cultura, a reflexión e, neste caso, a visibilidade LGTBIQ+»

Así, na sesión que se vai a celebrar no Auditorio achegaranse a catro historias que exploran a identidade, a pertenza, os afectos e a diversidade desde diferentes perspectivas: «Dang wo wnag xiang ni de shi hou» (China, 2022) de Shuli Huang; «Hello Stranger» (Canadá 2024), de Amelie Hardy; «Three» (Estados Unidos, 2024), de Amie Song; e «Habitar» (Galicia, 2023), de Anxos Fazáns, un retrato íntimo de persoas transe non binarias galegas que convida a reflexionar sobre o corpo, o fogar e a construcción dunha identidade.

Esta actividade é o anticipo do que está preparando Polaris entre o 9 e o 11 de xullo, a IV edición do «Orghullo Mar e Cons», un evento que xa se atopa consolidado no pequeno municipio arousán.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents