Navegación Tradicional
«Fungona» sorprende ás favoritas no inicio da Copa Mörling
A ausencia de vento marcou a proba do Sepelo e obrigou a reducir o percorrido a unha volta

Un momento da regata disputada onte en Portonovo. / FdV
O seu nome non estaba entre as grandes favoritas, pero a regata do Sepelo, a proba que abre a V edición da Copa Mörling, deixou a sorpresa da victoria da dorna «Fungona», de Dorneiros Regateiros de Cambados. A proba estivo marcada pola ausencia de vento no percorrido, un vento do oeste que apenas era capaz de mover as embarcacións e dificultaba a navegación. De feito, a proba do Sepelo estaba fixada para dúas voltas a un triángulo fronte á costa de Portonovo, pero rematouse despois de que se dese tan só un ante as dificultades para avanzar que tiñan as 19 dornas participantes.
A segunda posición da proba foi para a dorna «AbueloTucho», mentres a terceira foi a parar ás mans de «Pereka», a gran favorita para sumar o quinto entorchado. Na cuarta praza cruzarían a liña de meta «Selosa» e «Miserela».
A clasificación xeral tamén queda encabezada por «Fungona», pero o vindeiro sábado poderá sufrir un cambio, xa que está previsto que se celebre a segunda xornada da Copa Mörling en augas de Cambados, coa disputa da VII Regata do Salnés que organiza a Asociación Dorneiros Regateiros en Cambados. Antes de que finalice o mes tamén se disputará a terceira, a do Triángulo do Cantiño. A Copa resolverase en agosto coa disputa da quinta proba en augas de Combaerro, onde ten lugar a Regata da Reiboa.
- El miedo regresa a O Terrón tras otro incidente violento con el mismo protagonista
- El dueño del antiguo asilo de Cambados accede a dar una finca al Concello para una residencia
- PSOE, Somos y BNG expulsan a Abal Varela por «dignidad» y gobernarán Cambados en minoría
- Miles de aficionados arropan a España en Vilagarcía
- San Ramón: la romería campestre con multitud de devotos en A Illa
- El Carmen de A Illa trastoca su llegada a puerto por la marea baja
- O Piñeiriño verá el Mundial en una pantalla mínima
- La Pousada de Ribadumia abre diez años después y reactivan la de Meaño