Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Coas Gharbosas, baila ata o goberno de Vilagarcía

En Vilagarcía onte non faltou a boa música grazas á I Foliada do Piñeiriño organizada pola asociación As Gharbosas e á Escola de Música e o Conservatorio, que ofreceron un aperitivo do Clasclás

Asistentes á Foliada das Gharbosas.

Asistentes á Foliada das Gharbosas. / Iñaki Abella

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vilagarcía

A primeira Foliada do Piñeiriño organizada pola asociación As Gharbosas foi todo un éxito de asistencia.

Ata autoridades locais como o alcalde, Alberto Varela, e os concelleiros de Urbanismo, Cultura e Turismo animáronse a botar uns bailes na pista.

O propósito de entidade era revivir esta tradición de confraternidade e festa, sacando á rúa o seu bo facer na música tradicional. A entidade naceu hai un ano, aproximadamente, pero non perde o tempo.

O alcalde e os concelleiros botaron uns bailes no Piñeiriño.

O alcalde e os concelleiros botaron uns bailes no Piñeiriño. / Iñaki Abella

O obxectivo é que haxa unha segunda edición dun evento que tamén contou cun mercado de artesanía, centrado en instrumentos tradicionais, así como un taller familiar, ademais das actuacións de Cantareiras Bulideiras e Ferriñas Bravas, entre outras cousas.

A música tamén se escoitou no centro da cidade grazas ao alumnado e mestres da Escola Municipal de Música e Conservatorio de Vilagarcía, que recibiron fortes aplausos e peticións de bises por parte dun nutrido público, ao que incluso lle puxeron unhas cadeiras.

O concerto formaba parte dos pasarrúas incluídos no do festival Clásclás; un aperitivo do que haberá do 20 ao 27 de xuño.

Suscríbete para seguir leyendo

TEMAS

Tracking Pixel Contents