Patrimonio marítimo
A Copa Mörling busca un novo dono
A proba alcanza a súa quinta edición co obxectivo de seguir promocionando a navegación tradicional

Marcos Buide Pollán, coordinador da Copa Mörling e membro da directiva de Culturmar; Ángel Moldes Martínez, alcalde de Poio; Mónica Leiro Búa, presidenta de Culturmar; Julián Martínez, do Clube Mariño A Reiboa de Combarro
Naceu como unha homenaxe de Culturmar ao etnógrafo sueco Staffan Mörling e, despois de cinco edicións, xa se está covertendo nun dos eventos máis importantes da navegación tradicional durante o verán. É a Copa Mörling, unha proba que se divide en cinco regatas nas que as mellores dornas loitan polo triunfo parcial da regata, pero tamén pola clasificación xeral que convertirá á que gañe na mellor embarcación tradicional dese ano.
A competición presentouse onte no Casal de Ferreirós, en Poio e comeza esta mesma fin de semana coa Regata do Sepelo que organiza a Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo. As dornas comezarán a navegar sobre as 16.00 horas nunha xornada na que non se agarda moito vento.A seguinte proba puntuable será o 20 de xuño, pero nesta ocasión en Cambados, coa celebración da Regata do Salnés, que organiza a Asociación Dorneiros Regateiros.
O 27 de xuño a cita será na Illa de Arousa, co Triángulo do Cantiño que organiza a Asociación Cultural e Deportiva Dorna, mentres que a cuarta proba será xa en xullo, o día 4, coa Regata dos Faros, da Asociación Amigos da Dorna Meca. A última das probas será a Regata da Reiboa, en augas de Combarro e organizado polo clube mariño do mesmo nome.
A puntuación nas diferentes regatas decidirá o nome da dorna vencedora, unha arte na que destaca «Pereka», con José Antonio Dorado e Alberto Vicente «Chicapozas». A dorna da Illa pode presumir de ter gañado as catro edicións que se disputaron ata o de agora, converténdose na rival a superar polo resto de participantes. A pesares dese dominio, «Pereka» non o tivo nada fácil, xa que atopou unha boa cantidade de rivais como «Jalerna», «Nécora» ou «Fuxe» entre outras.
As tripulacións contan con un nivel alto e tamén destaca o feito de que algunha sexa bastante nova, garantizando a remuda. A maioría das embarcacións participantes son da ría de Arousa, pero tamén de Pontevedra e, incluso, chegan a participar nalgunhas das probas dornas de Vigo. De feito, o obxectivo que persegue a organización é superar a cifra de medio cento de embarcacións participantes que se rexistrou o ano pasado, con medias que superaban as 25 dornas por regata.
Mónica Leiro, presidenta de Culturmar, apunta que o grande obxectivo da Copa Mörling «é dar a coñecer o noso patrimonio marítimo, un dos máis ricos e importantes, do que as dornas son a súa máxima expresión», animando á xente a coñecer o mundo da navegación tradicional e a descubrir a beleza das dornas navegando pola ría de Arousa ou pola de Pontevedra.
Ademais, a «Copa Mörling» serve para afianzar os lazos de unión entre os diferentes colectivos federados da provincia de Pontevedra e xerar impacto turístico nas vilas costeiras onde se celebra cada unha das xornadas. Ademais de Culturmar, en cada regata son os colectivos de cada vila os que dan o seu apoio.
Suscríbete para seguir leyendo
- Subastan dos casas habitadas y ocho pisos en Arousa
- Duras críticas a Ravella por el nuevo paso peatonal de A Mariña
- Sueltan 15.000 truchas en la laguna de Mina Mercedes
- Vilagarcía habilita zonas de servicio para estacionamientos de corta duración en A Mariña y Doutor Tourón
- Miles de personas honran a San Benito y San Cristóbal en Cambados, Meaño y Meis
- O Salnés esquiva este año la mayoría de las ITV de tractores en vendimias
- Cambados dedica seis días al albariño con conciertos y venta de vino
- La Festa do Viño de Meaño suma doce actuaciones musicales