Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura

Entrecortiñas pon en marcha un ciclo de cinema uruguaio na Illa

A primeira proxección será o xoves ás 20.30 horas no Auditorio

Unha das actividades do Cineclube Entrecortiñas da Illa.

Unha das actividades do Cineclube Entrecortiñas da Illa. / Iñaki Abella

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Illa

O mes de xuño ven cargaedo de novidades cinematográficas na Illa da man do cineclube Entrecortiñas. Este mes estará adicado ao cinema uruguaio e contempla tres actividades polas que se percorrerá a sensibilidade, o humor e as novas linguaxes dunha das cinematografías máis persoais de Latinoamérica. Todas as sesións serán con entrada de balde.

A primeira das sesións será xa este xoves ás 20.30 horas no Auditorio. Esa xornada proxectarase «La vida útil», de Federico Veiroj. A película, do ano 2010, é unha carta de amor á arte cinematográfica, trasladando ao espectador ao día a día dun traballador dunha cinemateca que debe enfrontarse ao peche da súa institución. Cun ton melancólico e poético, o filme convida a reflexionar sobre cómo o cinema moldea a nosa propia realidade.

A seguinte cita terá lugar o día 11 de xuño, á mesma hora cun dos grandes filmes do cinema riopratense: Whisky (2004), dirixida por Juan Pablo Rebella e Pablo Stoll. Esta comedia minimalista, multipremiada en festivais como Cannes, retrata con gran mestría a monotonía, os silencios e as relacións familiares a través dunha historia tan sinxela como profunda. Trátase dunha oportunidade para revisar un clásico contemporáneo na pantalla grande.

A última proxección será o 19 de xuño coa estrea de Perros (2025), de Gerardo Minutti. Con esta escolla, a entidade busca achegar ao público a produción máis recente e as novas tendencias que están a xurdir no Uruguai actual, pechando así un percorrido que vai dende a memoria do cinema ata o seu presente máis inmediato.

O ciclo conta co respaldo do Consulado de Uruguai en Santiago de Compostela.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents