Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura

Un espectáculo para descubrir as diferentes formas do amor na Illa

Ángeles Iglesias e Sergio Zearreta subiranse o sábado ao escenario do Auditorio ás 20.00 horas

Un momento da representación de "As diferentes formas de Amar"

Un momento da representación de "As diferentes formas de Amar" / FDV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Illa

Será a partires das 20.00 horas deste sábado, no Auditorio da Illa de Arousa cando se suban ao escenario María Ángeles Iglesias e Sergio Zearreta para transmitir as diferentes formas de amaer. Ese é o título do espectáculo que leva a cabo a compañía Verdeverás e que está coproducida polo Centro Dramático Galego (CDG). A obra comezou a percorrer Galicia alá polo mes de outubro do ano 24 en Vimianzo e na Illa porase en escea a sua 25ª representación e que está gustando entr eo público porque permite atravesar moitas emocións.

Iglesias apuntra que este espectáculo naceu «da necesidade de revisar os relatos que temos sobre a separación dunha parella amorosa con ánimo de atopar outra sposibilidades, convidando ao público a revivir ese encontro entre esas persoas e a descubrir entre todos cales foron as causa sque levaron á súa separación; non faltará o humor e moita música para animar a todos os que veñan».

Insiste Iglesias que se trata dun espectáculo «moi agradecido porque toca o corazón e as almas da xente que está nas butacas; é un teatro espido, onde non hai máis artificio que dous actores en escea».

Esta será a primeira ocasión que a compañía de teatro Verdeverás se achegue ata a Illa de Arousa, un lugar a onde «tiñamos moitas gañas de ir a achegar esta historia na que levamos moito tempo traballando a un Auditorio tan bonito».

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents