Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ingreso na Real Academia Galega de Ciencias

O enxeñeiro de Cambados que pensa «en verde» xa é académico

O catedrático e enxeñeiro químico cambadés, Gumersindo Feijoo Costa, ingresou na Academia Galega de Ciencias pola súa traxectoria como pioneiro no ámbito da sustentabilidad e no seu discurso chamou a atención sobre a necesidade de loitar contra o desperdicio ou medir de modo fiable a eficacia das políticas e prácticas

Feijoo Costa durante a lectura do seu discurso.

Feijoo Costa durante a lectura do seu discurso.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cambados

O enxeñeiro químico Gumersindo Feijoo Costa ingresou este mércores na Real Academia Galega de Ciencias como académico numerario; un orgullo para a súa vila natal, Cambados, e para toda a comunidade, pois trátase dun referente nacional e internacional no ámbito da sustentabilidade, con traballos recoñecibles para o público en xeral como «Pescaenverde».

Unha marca de garantía que acredita o peixe e o marisco con baixa pegada de carbono e alta taxa de retorno enerxético, que xa está presente en 30 confrarías galegas, ademais doutras españolas, e cuxa creación liderou dende o grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC.

Unha traxectoria dedicada a un ámbito que nas últimas décadas «deixou de ser un ideal abstracto para convertirse nunha ferramenta operativa que permite avaliar o impacto das actividades humanas sobre o medio ambiente e a sociedade», como explicou o propio cambadés no seu discurso de ingreso.

De feito, a súa incorporación á institución supón «reforzar unha visión científica da sustentabilidade, imprescindible para afrontar os grandes retos ambientais e industriais do noso tempo», suliñou o seu presidente, Juan Lema. Tamén que Feijoo Costa «converteu Santiago nun referente internacional na sustentabilidade ambiental e análise do ciclo de vida».

Foto de familia de académicos e autoridades asistentes ao ingreso.

Foto de familia de académicos e autoridades asistentes ao ingreso. / FdV

A súa «excelencia investigadora» tamén o levou a a ser pioneiro na posta en marcha da liña sobre Sustentabilidade Ambiental en Galicia e na introdución en España, xunto a outros colegas de Barcelona, do pensamento e metodoloxía de análise ambiental de produtos e procesos.

Pero a pesar de todo o avanzado por investigadores e divulgadores coma el, segundo o catedrático aínda queda camino por diante. De feito, durante o seu discurso fixo un chamamento á responsabilidade colectiva e á necesidade de integrar o coñecemento científico na toma de decisión públicas e privadas, na procura dun enfoque que «non só minimice impactos negativos, senón que promova modelos de desenvolvemento capaces de garantir o benestar das xeracións presentes sen comprometer o das futuras, consolidando así unha perspectiva verdadeiramente sostible», engadiu.

O enxeñeiro destacou tamén a importancia de contar con datos para poder actuar; da medición: «Non é posible mellorar aquilo que non se mide», alertou, insistindo no desenvolvemneto de indicadores fiables que permitan comparar, avaliar e facer seguimento das políticas e prácticas sustentables, recoñecendo tamén a complexidade do proceso. De feito, o seu discurso levaba por título «Do dato ao impacto: marco científico da sustentabilidade».

O catedrático coa medalla de académico.

O catedrático coa medalla de académico. / FdV

Neste senso, analizou as diferentes ferramentas analíticas que permiten medir e analizar o impacto da actividade humana para «unha toma de decisión máis informada e responsable». Ademais de poner exemplos, como as estratexias de eficiencia enerxética ou a mobilidade sostible nas grandes cidades ou no caso da alimentación, facendo fincapé na «necesidade de sistemas máis sostibles que reduzan desperdicios e emisións» nas cadeas de produción e consumo, manifestou, poñendo en valor a dieta atlántica.

A académica e catedrática de Enxeñería Química da Universidade de Vigo Herminia Domínguez foi a encargada de realizar a laudatio de Feijoo Costa, que tamén recibiu eloxios polo seu compromiso divulgador e coa promoción do galego científico nun acto de ingreso.

A este tamén asistiron a conselleira do Mar, Marta Villaverde; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; a reitora da Universidade de Santiago, Rosa Crujeiras; a directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC -ETSE-, Julia González; a decana da facultade de Química da Universidade de Vigo, Ángeles Peña, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; xunto a diversos representantes de institucións políticas, culturais, científicas e académicas galegas.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents