Cultura
Hai Letras para todos en Arousa
Cambados celebrou onte o acto central das Letras Galegas coa tradicional ofrenda floral e a participación dos colexios e nesta fin de semana haberá diferentes actos no resto de Concellos

Un momento do acto escolar celebrado en Cambados polas Letras. / Iñaki Abella
R. A.
Cambados celebrou onte o seu acto central de conmemoración do Día das Letras Galegas coa ofrenda floral no paseo da Calzada á que non faltaron rapaces dos centros educativos, que foron os protagonistas coas súas intervención, e autoridades.
Outros Concellos como Vilagarcía festexan mañá esta edición, dedicada á escritora e xornalista Begoña Caamaño.
No caso da cidade arousá, terá lugar a tradicional ofrenda en Carril e na vila do Grove, a asociación cultural Cantodorxo ten preparada unha festa con actuacións de baile e música tradicional.
Será ás 18.00 horas na praza do Corgo e tamén haberá xogos, atraccións e picoteo. Pero antes, hoxe mesmo, hai actividades nas diferentes vilas do Salnés e do Ullán e tamén por iniciativa privada, como no caso del Casino La Toja, que ofrece hoxe a actuación gratuita de Cinco en Zocas a partir das 23.00 horas.

Ofrenda floral realizada onte en Cambados. / Iñaki Abella
Ademais en Meis terá lugar a Romaría das letras na finca de Parga.
O programa comezará ás 11:30 horas e estenderase hasta entrada a noitiña ofrecendo xogos populares, animación do CD Mosteiro, unha sesión vermú coas Pandereteiras de Nogueira e o Grupo Folk Os Druídas.
Tamén haberá unha comida campestre e non faltará a cantina do clube de fútbol, ademáis da actuación das mulleres rurais Os Pazos de Paradela e Cantareiras Madialeva e para o fin de fiesta, Festicultores Troupe.
E en moitos casos, a programación especial das Letras notarase en todo este mes de maio para recordar e conmemorar a lingua e á literatura en galego.
Suscríbete para seguir leyendo
- Mariña, la chica que sufre en familia un cruel vacío asistencial
- Portugal refuerza su posición en el mercado europeo de bivalvos al levantar la prohibición de almeja japonesa en el Tajo
- Javi y Carlos, dos vidas unidas por la hostelería en Vilagarcía
- Llamativa y colorida boda internacional en Vilagarcía
- Comienza la negociación para tratar de limitar el acceso a la isla de A Toxa
- La Guardia Civil investiga a una mujer por un atropello mortal en Vilanova
- «Miedo» en la flota de la ría de Arousa ante la presencia del alga asiática en «cantidades industriales»
- Bodega Granbazán, 45 años de historia y un futuro prometedor