Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Letras Galegas

A Illa, o refuxio que lembra a Begoña Caamaño

A homenaxeada neste 17 de Maio mantivo unha estreita relación co pequeno municipio arousano

Actividade desenvolvida polos escolares na Illa de Arousa.

Actividade desenvolvida polos escolares na Illa de Arousa. / FDV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Illa

O Día das Letras Galegas este ano será moi especial para A Illa de Arousa polos vencellos que gardan coa homenaxeada deste ano, Begoña Caamaño, que tiña ao pequeño municipio arousano como un lugar de refuxio ao que acudía de forma habitual antes de que a enfermidade lle afectase e falcese en outubro de 2014. Caamaño, xunto con outro grupo de artistas galegos, alquilou unha vivenda na zona da Comboa na Illa, onde pasaba longas tempadas nas que era habitual vela percorrendo algúns dos espazos máis atractivos do municipio. Na Illa formaba parte do grupo da cantante Uxía Senlle, coa que mantiña unha gran amizade ata o seu falecemento.

Estes vínculos son os que queren destacar desde A Illa pois o sentimento que Caamaño sempre amosou cara o pequeno municipio arousano tomou forma nunha doazón de libros que a parella da autora homenaxeada este 17 de maio doou á biblioteca municipal pouco tempo despois do falecemento da escritora de orixe viguesa.

Nesa biblioteca que agocha parte da súa colección persoal de libros, celebrouse esta mañá unha actividade na memoria da escritora, unha actividade na que participaron alumnos do CEIP Torre-Illa. Baixo o epígrafe «Marea de Peixes», todos os nenos foron colocando figuras de peixes na valla metálica dos xardíns de Goday, nas inmediacions da Biblioteca municipal, un símbolo para reivindicar as Letras Galegas e o uso do idioma que as fixo posible, especilamente entre os máis novos, onde a tendencia é a perdelo.

As actividades do Día das Letras galegas na Illa non rematan aquí. Durante a fin de semana tomarán a remuda os integrantes da Asociación Cultural e Deportiva Dorna que, para o domingo, teñen preparados unha serie de actos nos que estreitan lazos a literatura, a música e o mar. A partires das 12.00 horas, sairán da Escola de Pau os membros do grupo de música e baile tradicional de Dorna, nun pasarrúas que, despois de pasar pola praza do Regueiro, rematará no peirao do Xufre aproximadamente unha hora máis tarde.

A partires das 13.15 horas, terá lugar a lectura do pregón deste ano, paso previo á botadura simbólica das embarcacións tradicionais, un acto no que se lembrará a Begoña Caamaño e no que dúas dornas, a «Caprichosa» e a «D'Cholas» volverán a bicar as augas da ría de Arousa. A actividade será aberta a todo o público que queira participar nunha celebración reivindicativa das nosas letras.

A botadura das embarcacións está marcada no calendario da navegación tradicional como o inicio das actividades no mar, unhas actividades que se extenderán ata máis alá do mes de setembro e que incluirán eventos tan importantes como a Volta á Arousa, a Copa Mörling ou a regata do Bao.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents