Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Educación

Festa rachada no cole en domingo

O CEIP As Covas, de Meaño, remata a súa actividade «Queremos Festa» cunha xornada de convivencia na que houbo sendeirismo, un xantar e un animado concerto do home orquestra Cé

Un momento do concerto de Cé. | TINO HERMIDA

Un momento do concerto de Cé. | TINO HERMIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Meaño

Como poucos, «Cé Orquestra» conquistou ao público familiar co concerto da súa «Orquestra Pantasma», no que el, á vez, é vocalista, acordeonista, percusionista (bombo, plato, pandeireta) e ata, chegado o caso, músico de vento cunha simple folla de planta. Todo nun verdadeiro «home orquestra», que arrastrou a cativos e maiores a formar parte activa das súas cancións e coreografías.

César Freiría («Cé»), músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos, integrara no seu día grupos como A Roda, ou de punk Oxtiax Ke Te Pariu. Logo, xa en solitario, apostou por este proxecto musical unipersoal, cargando ás súas espaldas a súa particular orquestra coa que percorreu os mellores festivais e festas da xeografía galega.

Tras un impasse neste último mes de marzo, que o obrigou a parar os concertos e construir un bombo máis lixeiro que aliviara as suas costas, voltou neste mes de maio cheo de actuacións polo Mes das Letras.

A actividade reuniu a ducias de persoas. | TINO HERMIDA

A actividade reuniu a ducias de persoas. | TINO HERMIDA

O seu último repertorio, como o amosado en Meaño o domingo, a pesares de estar dirixido ao público infantil, serve para facer partícipe tamén aos maiores coa arte da súa retranca coa que deixa guindas de humor para cativos e adultos, en función de a quen se dirixe en cada momento.

A improvisación é un arte que «Cé» domina como poucos, o que fai que cada cantiga que interpreta e cada coreografía que propón resulte viva, con variantes en cada concerto, segundo resposte o público. E a boa fe que, o de Meaño entregouse de cheo o domingo, nun concerto no que artista e xente se contaxiaban mutuamente no disfrute e no inxenio.

Soaron, entre outros, a súa «Xoaniña Voadora», «O tren», «O mar», cancións do seu último disco «A voar», todas elas basadas en retrousos curtos, repetitivos e doados de aprender, para estimular así a imaxinación mentras o público canta, baila e interrelaciona. Máis non se quedou aí, senón que Cé tivo arrestos para soltarse ao final con versións punk de temas tradicionais galegos como o «Adeus ríos, Adeus fontes», «Sementarei» ou «Quen poidera Namorala».

«Queremos festa»

Con este concerto remataba no CEIP As Covas a xornada «Queremos Festa», iniciativa que, por cuarto ano consecutivo no mes de maio organizaba a comunidade escolar, coa implicación da asociación de pais de alumnos A Toxa, mestres do centro, alumnado, e todas aquela familias externas que quixeron sumarse a esta convivencia aberta.

Aínda que a climatoloxía semellaba non axudar, foron una 70 persoas as que se aviñeron a participar.

A xornada que arrancaba ás 11.00 horas, coa participación do cetreiro meañés Ignacio Orge, que presentou de preto ao público, e puido ver en acción, algunhas das suas rapiñas.

Durante a mañán, o tempo deulles tamén un respiro para facer un pequeno roteiro de sendeirismo que os levou a coñecer o peto de ánimas de Vilariño en Simes.

Logo, ao regreso, as 14.00 horas, xantar popular na zona cuberta do patio infantil, no que as familias compartiron entre si os manxares que levaba cada quen, respostando así a ese espírito de convivencia que se respiraba.

O ambiente familiar que identifica a este colexio é un dos secretos para a atracción de alumnado exterior.

Non en van, tres de cada catro alumnos deste centro son de fóra da súa área de influencia xeográfica, polo que mesmo non poden facer uso de transporte escolar e son as súas familias as que se encargan do traslado, motivado polo interese de que os fillos estuden e se eduquen neste colexio.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents