Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Patrimonio

Culturmar leva a Pasaia a memoria marítima galega

A federación participará no Pasaia Itsas Festibala cunha delegación formada por dez embarcacións tradicionais

Dornas, gamelas, choupáns e botes amosarán en Euskadi a riqueza patrimonial ligada ao mar e aos ríos.

Dornas, gamelas, choupáns e botes amosarán en Euskadi a riqueza patrimonial ligada ao mar e aos ríos. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Arousa

Galicia volverá contar con representación propia no Pasaia Itsas Festibala, que se celebrará nesta vila guipuscoana do 14 ao 17 de maio. A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar, será a encargada de organizar unha expedición que levará ata Euskadi unha mostra da diversidade e da forza do patrimonio marítimo galego.

A delegación estará integrada por dez embarcacións tradicionais e arredor de 50 tripulantes, acompañados polo galeón «Evangelina». Dornas, gamelas, choupáns e botes preparan xa a súa participación nun dos encontros marítimos culturais de referencia da costa vasca, onde a enseada de Pasaia se converterá durante catro días nun gran escaparate internacional da cultura do mar.

O obxectivo de Culturmar vai máis alá da navegación e da exhibición da frota. A presenza galega busca ofrecer unha visión global da riqueza sociocultural e etnográfica do país, cun programa que incluirá tamén tres exposicións vencelladas ao patrimonio marítimo e fluvial: «No centro do mar», «As embarcacións tradicionais do Mar Ártabro» e «Traballos, travesías e ronseis».

As embarcacións galegas participarán nas navegacións conxuntas pola baía, cun momento especialmente destacado no desfile inaugural do xoves 14 de maio, ás 18.00 horas. Alí poderán verse pezas recuperadas por colectivos de base como a «Virxe do Carme», «Lagarta», «Raqueiro», «Sobrada», «Muxica», «Nova Esperanza», «Coninha», «Iria», «Pindirucha» e «Última».

A relación entre Galicia e Pasaia vén de lonxe. Na primeira edición do festival, en 2018, Galicia foi convidada de honra, consolidando uns lazos de colaboración entre Albaola e Culturmar que seguen a medrar arredor da defensa da cultura marítima tradicional.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents