Cultura
Unha romaría para lembrar a lingua galega en Meis
Será a terceira edición e celebrarase na finca de Parga. En O Grove terá lugar unha Feira do Libro

Presentación da Feira das Letras de Meis / FDV
Meis e O Grove xa teñen todo preparado para celebrar o vindeiro Día das Letras Galegas, un 17 de Maio no que ambos municipios están preparando actividades para festexar e fomentar a participación dos seus veciños.
O primeiro destes municipios ten preparado para o día anterior, o sábado día 16, a celebración da III Romaría das Letras Galegas, un evento que vai ter lugar na finca de Parga. As actividades comezarán esa xornada ás 11.30 horas, coa presenza de postos de comida e sesión vermú na que participarán as pandereteiras de San Lourenzo de Nogueira e o grupo folk «Os Druidas». Esa será a previa da comida campestre na que o CD Mosteiro ancargarase da cantina. Como sobremesa está prevista a actuación das mulleres rurais Pazos de Paradela, das cantareiras «Madia Leva» e dos «Festicultores».
Durante o evento tamén haberá xogos populares, especialmente os elaborados en madeira por Isidoro Dios e que tiveron a súa estrea na última feira labrega de 2025. O Concello tamén está traballando na fin ca dos Parga para que non haxa problemas, por iso se encargaron informes a Areeiro sobre as árbores da zona despois da caída dun magnolio que estaba enfermo.
Mentres, no Grove haberá actividades durante toda a semana previa ao 17 de Maio e no propio Día das Letras Galegas organizadas por entidades como o Breogán, Cantodorxo ou a Coral Polifónica da Confraría de Pescadores de San Martiño.
Pero tamén está prevista a celebración dunha Feira do Libro en galego na que participará a libraría Edigroves. A Feira estará aberta de 12.00 a 14.00 na praza de Luís Casáis, ofrecendo descontos do 10% ao mercar un libro en lingua galega. Tamén incluirá un mercado de oportunidades, un obradoiro de artesanía para público infantil e agasallos directos. Outra libraría, como Nóbel, ofrecerá descontos do 10% en libros en galego durante esa xornada xa que ten previsto abrir as súas portas de 11.00 a 14.00 horas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere Constantino Rodiño, el alma del restaurante Casa Rodiño de Meaño a los 57 años
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Comienza en Vilagarcía la construcción de un edificio de viviendas con piscina «infinity» y «chill out» orientados a la ría
- Consternación en Cuntis y Vilagarcía por la muerte del profesor Enrique Portela a los 37 años
- Un hombre de 52 años resulta herido en un aparatoso accidente con vuelco en Ribadumia
- Una vecina de Vilagarcía ruega al Concello que le devuelvan la luz natural a su vivienda
- «El Corte Inglés de Cambados» busca nueva vida en grandes multitucionales
- Adiós a Maluca Durán, la fundadora del emblemático restaurante Posta do Sol de Cambados