Cultura Marítima
O mar de Arousa sumará dúas novas dornas o Día das Letras
«Caprichosa» e «Chola» foron cedidas polos seus donos antes de que acabasen apodrecendo

Imaxe da «Chola» totalmente recuperada. / FDV
Cada Día das Letras Galegas, A Illa amosa os seus vencellos co mar escenificando o bautizo dalgunha das embarcacións que a Escola de Navegación Tradicional estivo recuperando durante o inverno. Este ano non vai ser menos e serán dúas as embarcacións que recibirán ese bautizo de mar e se sumarán a importante frota que posúe a entidade dependente da Asociación Cultural e Derportiva Dorna.
Esas dornas serán "Caprichosa" e "Chola, ambas cunha longa historia detrás e que foron cedidas polos seus propietarios para que os membros da Escola puidesen facerlles o mantemento cando fose necesario e evitar que puidesen apodrecer e que esmorecese unha parte da riqueza marítima que posúe A Illa. As dúas levan por nomne os alcumes cos que se coñecía aos sesu donos.
A primeira delas, a "Cariñosa" era a dorna dunha persoa que faleceu, permanecía no interior dun garaxe e estábase degradando de forma moi importante. Foi por ese motivo que os descendentes desa persoa contactaron coa Escola para que se fixesen cargo dela. A recuperación non resultou sinxela, xa que houbo que sustituir un número importante de cadernas, traballo feito polos socios no Centro de Usos Náuticos.

A «Caprichosa» xunto a outras dornas en fase de recuperación. / FDV
A outra embarcación tamén foi doada á escola por un socio que, tras adquirir outra embarcación, decidiu cedela antes que buscarlle outra solución, como podía ser a venta, garantizando o seu coidado e mantemento cando sexa necesario. As dúas dornas, bicarán de novo o mar de Arousa ante a presenza dos barcos de maior porte que ten a Escola durante as actividades do 17 de Maio.
Esa xornada comezará co grupo de música da Asociación Cultural Dorna partindo desde a Escola de Pau ata O Regueiro, onde ofrecerá un pequeno concerto de música galega para despois dirixirse ao peirao do Xufre, onde terá lugar a botadura das embarcacións recuperadas este ano.
O Día das Letras Galegas leva anos marcando o inicio da actividade de verán e de navegación da Escola de Navegación Tradicional, unha campaña na que volverá a haber citas moi importantes, como a celebración da Volta á Arousa ou a proba do Bao. A primeria, que terá lugar o día 11 de xullo, foi clave na recuperación da navegación tradicional, emulando ás antigas dornas cando regresaban a porto coas caputras diarias. A segunda, que será o 8 de agosto na praia da Canteira, é a única das probas de dornas nas que os tripulantes saen desde terra e teñen que aparellar o antes posible a embarcación para poder navegar.

Imaxe dun bautizo de mar no peirao do Xufre. / Noe Parga
Outras actividades que se van a celebrar na Illa ou nas que a Escola será protsagonista son unha proba da Copa Mörling, o Triángulo do Cantiño (27 de xuño) ou "Inchadiña branca vela" a homenaxe que o mundo das embarcacións tradicionais tributa a Rosalía de Castro no paseo do Espolón de Padrón despois de remontar os ríos Ulla e Sar. As dornas da Illa tamén estarán presentes en case todas as actividades que se organicen por toda a costa galega.
Suscríbete para seguir leyendo
- Consternación en Cuntis y Vilagarcía por la muerte del profesor Enrique Portela a los 37 años
- Muere Constantino Rodiño, el alma del restaurante Casa Rodiño de Meaño a los 57 años
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Comienza en Vilagarcía la construcción de un edificio de viviendas con piscina «infinity» y «chill out» orientados a la ría
- Un hombre de 52 años resulta herido en un aparatoso accidente con vuelco en Ribadumia
- Una vecina de Vilagarcía ruega al Concello que le devuelvan la luz natural a su vivienda
- A Toxa: decenas de locales vacíos a precios de 800 a 3.000 euros el metro cuadrado
- Hotusa propone que las autocaravanas estén prohibidas en A Toxa