Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura

«Unha trenza de sete cabos», a homenaxe ás mulleres da Literatura Galega

A profesora da Universidade de Vigo, Elvira Ribeiro, ofrece un obradoiro aberto sobre as escritoras ás que se lle adicou o Día das Letras Galegas

Elvira Ribeiro durante un acto cultural celebrado en Vigo.

Elvira Ribeiro durante un acto cultural celebrado en Vigo. / Marta G. Brea

R. A.

Vilagarcía

Será o mércores, a partires das 18.00 horas, nas dependencias da biblioteca da Escola Oficial de idiomas de Vilagarcía. A profesora da Universidade de Vigo, Elvira Ribeiro, impartirá unha charla-obradoiro, aberta a alumnos e non alumnos do centro, sobre a obra e a biografía das sete mulleres ás que se lle adicou o Día das Letras Galegas. «Unha trenza de sete cabos» será unha aproximación a esas sete mulleres que comeza con Rosalía de Castro, o gran referente, e que continúa con María Victoria Moreno, Francisca Herrera, Xela Arias, Luisa Villalta, María Mariño e, para culminar con Begoña Caamaño, á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Ribeiro achegarase aos seus textos, ofrecendo ao auditorio exemplos de cal foi o seu papel na literatura galega e implicando aos asistentes nalgún xogo literario que permita coñecer máis polo miúdo ás sete figuras femininas que foron recoñecidas pola Real Academia Galega. A actividade está organizada polo departamento de Lingua Galega da Escola Oficial de Idomas.

Tracking Pixel Contents