Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Un taller escolar con Mondra dá inicio ao programa especial das Letras Galegas en Vilagarcía

A Concellería de Cultura ofrecerá durante todo o mes de maio unha decena de actividades para todos os públicos

El artista Mondra durante una charla ofrecida en Ourense.

El artista Mondra durante una charla ofrecida en Ourense. / Iñaki Osorio

R. A.

Vilagarcía

A Concellería de Cultura de Vilagarcía celebrará unha decena de actividades gratuítas no mes de maio para conmemorar o Día das Letras. O programa comeza este martes cun obradoiro de baile tradicional en institutos da cidade e seguirá con folclore, música, cine, teatro e a tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro e no apartado para ou público infantil, a maiores do Festival Escolar das Letras, a axenda inclúe monicreques, contacontos e maxia.

«Mondra na escola» é o título do taller que o cantareiro e bailador ofrecerá ao alumnado e profesorado do IES O Carril (ás 9.50 horas) e do Armando Cotarelo Valledor (ás 12.00). Con esta actividade, o popular artista de Recesende (Teo) quere achegar á xente nova os recursos e estruturas básicas do baile e da música tradicionais galegas. «nha atractiva e innovadora forma de sementar a cultura e a identidade galega entre a mocidade», explican dende o departamento de Sonia Outón.

Outro clásico nestas datas é o Festival Nós de Sobradelo, a celebrar o día 9, ás 19.00 horas no Auditorio. O grupo anfitrión contará este ano coa agrupación de gaitas Mocedade da Torre 83 como grupo convidado. Centos de nenos e nenas dos colexios do municipio reuniranse o día 14 pola mañá no Auditorio para representar as contribucións artísticas que prepararon nas aulas para conmemorar as Letras Galegas. Como recompensa ao traballo realizado, a concellería fará entregará de lotes de libros para nutrir as bibliotecas dos centros.

O cine entra tamén no programa coa proxección de «Antes de nós», a película que relata unha parte da vida de Castelao e que se proxectará o día 14 no Salón García coa colaboración do Cine Clube Ádega. O teatro chegará da man da compañía Avelaíña Teatro e a obra «Almas na gloria: Don Paco», na que ilustres galeguistas volverán á vida para render homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

O día 17 de maio a actividade concentrarase no Carril. Tras a animación dos grupos de gaitas e baile Malveiras e Gato Negro, a mediodía terá lugar a ofrenda floral ante o busto de Rosalía de Castro. Despois haberá un concerto a cargo de Antonio Barros iAlma-

Contacontos ilustrado sobre Begoña Caamaño

A maiores, a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro súmase á celebración con dúas actividades dirixidas ao público infantil e familiar. «A maxia dos libros», un espectáculo que fusiona maxia e literatura, representarase nas instalacións culturais da rúa Castelao o día 15 ás 18.00 horas. E o día 23, no mesmo lugar, pero ás 12 do mediodía, desenvolverase un contacontos ilustrado dedicado á xornalista e escritora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño. Ambas actividades son con entrada gratuíta ata completar capacidade (arredor de 55 persoas).

A última proposta para o público infantil, e tamén a que pecha a programación especial, é o espectáculo de monicreques que a compañía Fantoches Boj ofrecerá o 23 de maio pola tarde no Salón García. Leva por título «As sete boinas do aviador» e fala de Joaquín Loriga, capitán de aviación de Lalín que formou parte da Escuadrilla El Cano.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents