Cambados mantén viva a tradición dos maios cos centros escolares

Escolares durante a Festa dos Maios en Cambados. / Iñaki Abella
Os centros escolares de Cambados encheron onte o salón Peña para manter viva a tradición dos Maios nun acto organizado pola Concellería de Cultura e que ademais dá inicio á programación do Mes das Letras. De feito, os máis mozos teñen un especial protagonismo na conmemoración desta data con festexos coma este ou a ofrenda floral que terá lugar o día 15, unindo outra vez a escolares e a institucións nunha única homenaxe que nesta data recordará á xornalista e escritora Begoña Caamaño. O recordo cambadés á súa traxectoria farase mediante esta cita que será, como sempre, no paseo da Calzada, onde no faltará a exposición de murais que tamén estarán dedicados a ela.
O concelleiro Liso González explica que apostaran por un espectáculo que servira para difundir máis a súa figura, pero finalmente non puido celebrarse. Non obstante, están pendentes de cerrar un para o mes de xuño. O motivo de celebración das Letras Galegas tamén é divulgar e dar a coñecer aos autores galegos e o seus traballos entre a cidadanía en xeral.
Cabe recordar que o programa Mes das Letras tamén ofreceu onte a presentación do poemario «Luz de seu», o regreso á escena literaria de Xosé María Vila Ribadomar da man da asociación Cen Follas e da súa colección Cen Versos. Os actos continuarán este domingo coa actuación do Real Coro Toxos e Froles, ás 20.00 horas no auditorio da Xuventude. Na biblioteca haberá a bebeteca «Limón Contos e Cantos», de Bea Campos (día 9), e «O faiado das papoulas», de Baia Fernández (24).

Público asistente aos Maios de Cambados. / Iñaki Abella
Tamén se presentará o libro «Agora non é antes», de Antón Baamonde (día 8); o ensaio «Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza», de Francisco Rodríguez (día 14); o novo número de Cen Follas (día 22) e o escritor Manuel Núñez Singala dará unha charla a escolares o 19.
No musical, o día propio, o domingo 17, a Banda de Castrelo dará o seu tradicional concerto na Xuventude, e o sábado 30 terá lugar a cita que mestura o recital de poemas e a música coa Banda Xuvenil do Cemus, ademais haberá varada co Clube Mariño Salnés. E a maiores, Teatro Maravilla poñerá en escena «Somos xente normal» (día 23). Como peche, o escritor Emilio Xosé Ínsua dará unha conferencia sobre a faceta menos difundida de Cabanillas, sobre a súa traxectoria política. Será o 3 de xuño.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere Constantino Rodiño, el alma del restaurante Casa Rodiño de Meaño a los 57 años
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Comienza en Vilagarcía la construcción de un edificio de viviendas con piscina «infinity» y «chill out» orientados a la ría
- Un hombre de 52 años resulta herido en un aparatoso accidente con vuelco en Ribadumia
- Una vecina de Vilagarcía ruega al Concello que le devuelvan la luz natural a su vivienda
- «El Corte Inglés de Cambados» busca nueva vida en grandes multinacionales
- Adiós a Maluca Durán, la fundadora del emblemático restaurante Posta do Sol de Cambados
- Hotusa propone que las autocaravanas estén prohibidas en A Toxa