Cambados enche maio con 15 actividades para festexar as Letras Galegas
O regreso de Vila Ribadomar á escena literaria e outras presentacións de libros, música, teatro, actividades infantís e para escolares ou unha varada de embarcacións tradicionais dan vida ao programa cultural
Empeza hoxe coa Festa dos Maios cos colexios, en Peña

O concelleiro de Cultura na presentación do programa. / Noé Parga
Cambados festexa as Letras Galegas con 15 actividades dirixidas a todas as idades e que comezan hoxe coa Festa dos Maios cos colexios, ás 11.00 horas en Peña. Cambiouse a ubicación de Torrado polas obras e este ano anúlase a dirixida ás asociacións, deixando para otro momento un acto con elas, pois a Concellería de Cultura considera que o máis axeitado é facelo ao aire libre, pero as condicións climatolóxicas para o sábado son desfavorables. Presentacións de libros, charlas, actividades para escolares, música e teatro darán vida a esta programación.
O Mes das Letras busca ofrecer actividades para todos os públicos e poñer en valor figuras locais e outras algo esquecidas, como é o caso de Alfredo Brañas, que «non naceu nin morreu en Cambados, pero viviu a inmensa parte da súa vida na vila», explica o concelleiro Liso González. De feito, o historiador Xan Fraga ofrecerá unha conferencia sobre el o día 28. Non obstante, non hai ninguna dedicada específicamente á homenaxeada deste ano, a xornalista e escritora Begoña Caamaño.
Con todo, o programa está cheo de propostas dirixidas a todos os públicos e outra cuestión destacable é o regreso de Xosé María Vila Ribadomar á escena literaria co poemario «Luz de seu». Trátase da segunda obra da colección Cen Versos da faceta editora que a Asociación Cen Follas, máis coñecida pola súa revista cultural, estreou recentemente.
Ademais, é unha peza moi especial, pois a maquetación fíxose a partir dos «collages» feitos polo propio autor nun antigo libro de contas cos seus versos e debuxos, anotacións... Será hoxe na biblioteca municipal, ás 20.00 horas. De feito, o centro de préstamo e lectura será o epicentro do programa porque «ultimamente estase vendo máis como sala de estudos e queremos darlle máis vida», indica o edil.
Así, entre outras, tamén acollerá a bebeteca «Limón Contos e Cantos», de Bea Campos (día 9), e «O faiado das papoulas», de Baia Fernández (24).
Tamén se presentará o libro «Agora non é antes», de Antón Baamonde (día 8); o ensaio «Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza», de Francisco Rodríguez (día 14); o novo número de Cen Follas (día 22) e o escritor Manuel Núñez Singala dará unha charla a escolares o 19.
Non faltará a ofrenda floral no formato unificado de institucións e colexios implantado coa chegada de González a Cultura, como o feito de dedicarlle todo un mes ás letras galegas.
Detalles
No musical, este domingo actuará o Real Coro Toxos e Froles; o día propio, o domingo 17, a Banda de Castrelo dará o seu tradicional concerto na Xuventude, e o sábado 30 terá lugar a cita que mestura o recital de poemas e a música coa Banda Xuvenil do Cemus de Cambados, ademais haberá varada de embarcacións co Clube Mariño Salnés.
E a maiores, Teatro Maravilla poñerá en escena «Somos xente normal» (día 23). Como peche, o escritor Emilio Xosé Ínsua dará unha conferencia sobre a faceta menos difundida de Cabanillas, sobre a súa traxectoria política. Será o 3 de xuño.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere Constantino Rodiño, el alma del restaurante Casa Rodiño de Meaño a los 57 años
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Comienza en Vilagarcía la construcción de un edificio de viviendas con piscina «infinity» y «chill out» orientados a la ría
- Un hombre de 52 años resulta herido en un aparatoso accidente con vuelco en Ribadumia
- «El Corte Inglés de Cambados» busca nueva vida en grandes multinacionales
- A Illa de Arousa tendrá un camping privado para autocaravanas con capacidad de 80 vehículos
- Una trabajadora de CC OO, herida en la sede vilagarciana del sindicato tras una «discusión»
- Adiós a Maluca Durán, la fundadora del emblemático restaurante Posta do Sol de Cambados