Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura en familia

Paco Nogueiras acerca a fauna os nenos co seu espectáculo «Son Animal»

O artista Paco Nogueiras encheu Meaño de música, animais e galego con «Son Animal», un concerto familiar que reuníu a uns 70 asistentes baixo as árbores que humanizan a Praza do Concello meañés

Un momento do espectáculo na Praza do Concello.

Un momento do espectáculo na Praza do Concello. / FdV

Meaño

Paco Nogueiras ofrecía baixo a zona arbolada da Praza do Concello o concerto «Son Animal», e que congregou a unhas 70 persoas dun público familiar, coa cativeira ávida de seguir os pasos de baile que propoñía en cada tema o artista santiagués. Un título, o do seu libro-disco, que xoga do doble senso, un do verbo «ser», e outro co sustantivo «son» que representa o mundo sonoro da fauna da súa granxa particular. «Eu son -refería Paco Nogueiras- un desos animais de dúas patas ao que lle gusta cantar, bailar, saltar, ler libros, viaxar, falar e rir cos amigo… Un animal humano, que digo eu».

Así, Paco Nogueiras foi presentando aos animais do seu curral, asomando cada un coa súa imaxe en madeira para amosar ao nenos, co súa voz particular (o bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cararexar da galiña, o ornear o burro…) que tocaba imitar, e, como non, coa súa propia canción.

«Con cola, con pelo, con plumas / con catro patas, con dúas ou ningunha / dando brincos se cadra voar / moitas melodías ten o son animal». Así rezaba o retrouso do seu «Son Animal», que era a canción de peche. Antes os seus temas pasaron polo «burro do tío Manuel, (que) non hai otro como el»; co seu «baila como o parrulo», con súa danza retanqueira; a saltarica da «rá que moito brinca», o con seu grilo «cri, cri, cri semella que o grilo está cantando / cri, cri, cri, entre ambas ás parecen un violín». Na súa voz, compañado por acordeón, guitarra eléctrica, frautín y particular saxo infantil para facer os sós de cada canción.

Ao termo do concerto, tocaba adicar e asinar o seu libro-disco -editado por Kalandraka-, a todos aqueles cativos que se achegaban a el querían levarse unha fotos, un exemplar para seguir bailando e rapeando na casa, e unha chapa de agasallo. Este era o cuarto dos seus traballos, despois dos éxitos que foran antes «Brinca Vai!», «Radio Bulebule» y «Extra!» e que tamén visitaran Meaño outros anos.

Grandes e pequenos desfrutaron da música de Nogueiras.

Grandes e pequenos desfrutaron da música de Nogueiras. / FdV

«Coa miña granxa -recoñocía Paco Nogueiras- estámonos movendo por todo do territorio galego, por escolas, por prazas, concellos…». «O problema -engade- é que cada vez hai menos xente miúda, despoboación e que cada vez cantan e falan menos galego… Pero aquí está burro, vaca eu e a miña granxa para seguir poñendo toda a enerxía que podemos para seguir cantando e difundindo o galego polas escolas e polas prazas». De aí o seu compromiso cos nenos e coa lingua que é un dos referentes de identidade deste artista santiagués.

O santiagués Paco Nogueiras comezou como percusionista en formacións como «Els Comediants» e «Vos Quinquiláns», mais foi membro de grupo do grupo folk «Ophiusa» -que fusionaba instrumentos populares e electrófonos-. Además integrou no seu día a «Orquestra Os Modernos» co que foi premio Martín Códax da Música 2016, máis a compañía de animación musical infantil «Os Tres Garfos».

Este concerto celebrado en Meaño enmarcábase dentro do programa «Mes dá Música» que cada ano celebra Meaño en abril, e que chegaba de mans do Concello de Meaño, a Banda Unión Musical de Meaño e a Escola de Música Municipal, que organizan o ciclo, e que culminaba no serán dominical con este concerto e que chegaba financiado a través da Xunta de Galicia.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents