Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O IES Monte da Vila inicia o seu 40 aniversario con dous invitados de excepción

O escritor Carlos Meixide e o animador e exalumno do instituto do Grove, Daniel Abalo, participan no IX Festival Montenegro de Arte e Novela Negra

Un momento do obradoiro con Daniel Abalo.

Un momento do obradoiro con Daniel Abalo.

R. A.

O Grove

O IES Monte da Vila celebrou esta semana o IX Festival Montenegro de Arte e Novela Negra, unha cita xa consolidada no calendario cultural do centro que combina literatura, artes escénicas e creación audiovisual.

Nesta edición contouse coa participación de dous convidados de excepción: o escritor Carlos Meixide e o animador Daniel Abalo, exalumno do instituto.

Ao longo da xornada, Meixide mantivo un encontro co alumnado no que afondou na súa novela «Ons», un dos títulos «máis prestados na biblioteca do centro e que no bacharelato de artes e o grupo de Expresión Artística de cuarto de ESO se interpretou artisticamente conformando unha exposición situada na entrada do instituto», explicaron desde o centro. Participou ademais nunha sesión co club de lectura da biblioteca municipal, na que se dialogou coa novela «A comuna».

O encontro co club de lectura municipal.

O encontro co club de lectura municipal. / FdV

Pola súa banda, Abalo compartiu a súa experiencia profesional no ámbito da animación, achegando ao público o proceso de creación da película «O apóstolo», ademais de impartir un obradoiro práctico no que introduciu o alumnado nas bases do «stop motion, espertando grande interese entre os participantes».

Cabe recordar que o instituto de O Grove está inmerso na conmemoración do seu 40 aniversario e, de feito, este festival constitúe o primero dos actos previstos.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents