O IES Monte da Vila do Grove rebusca no seu pasado
O centro festexa o seu 40 aniversario e busca instantáneas de todos estes anos

IES Monte da Vila do Grove. / FDV
Hai corenta anos abría as súas portas o IES Monte da Vila no municipio do Grove. É por iso que a xunta directiva actual está ideando unha serie de actividades para festexar o que é o 40 aniversario de toda unha institución educativa nese concello. Entre as actividades nas que se está traballando atópase unha mostra de instantáneas que poida recoller a toda aquela xente que pasou polo instituto, desde mestres a alumnos, pasando por traballadores.
Por eses pasillos e aulas pasaron varias xeracións de estudantes e unha boa parte das familias do Grove polo que, explican desde o centro, «queremos celebralo con diferentes actos, pero especialmente, con este», facendo un chamamento a antigos alumnos, alumnas, profesorado e familias para colaborar enviando fotografías e recordos da vida no centro —viaxes, eventos, graduacións ou outros momentos significativos— co obxectivo de construír unha memoria colectiva destes 40 anos.
As persoas interesadas poderán enviar as súas imaxes a esta dirección: https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms. O IES Monte da Vila anima a toda a veciñanza do Grove a sumarse a esta celebración e a formar parte deste aniversario tan especial. A dirección agarda que se poida xuntar un bo feixe de fotografías que axuden a amosar o que significaron estes corenta anos para o centro escolar.
A mostra será tan só unha das iniciativas nas que está traballando a dirección do centro, iniciativas que se van a ir dando a coñecer ao longo das vindeiras semanas, xa que se quere que este corenta aniversario sexa algo moi especial non só para os alumnos actuais, senón para todos os que atravesaron nalgunha ocasión as portas dun dos centros escolares de referencia no Concello do Grove.
- Muere Constantino Rodiño, el alma del restaurante Casa Rodiño de Meaño a los 57 años
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Comienza en Vilagarcía la construcción de un edificio de viviendas con piscina «infinity» y «chill out» orientados a la ría
- Consternación en Cuntis y Vilagarcía por la muerte del profesor Enrique Portela a los 37 años
- Un hombre de 52 años resulta herido en un aparatoso accidente con vuelco en Ribadumia
- Una vecina de Vilagarcía ruega al Concello que le devuelvan la luz natural a su vivienda
- «El Corte Inglés de Cambados» busca nueva vida en grandes multitucionales
- Adiós a Maluca Durán, la fundadora del emblemático restaurante Posta do Sol de Cambados